InicioEn profundidadeO montañismo xa ten un xogo de cartas en galego

O montañismo xa ten un xogo de cartas en galego

“Cordadas, trasnadas camiño do cumio!” é o seu nome e a creadora ‘Muki’, unha veciña da Pobra do Brollón. Para impulsar o proxecto comezou este 2 de febreiro unha campaña de crowdfundig. Falamos con ela.

Publicado o

- Advertisement -

María Yáñez Rabanal, coñecida tamén como ‘Muki’, é unha rapaza de Lugo que decidiu mudar a súa residencia ao concello da Pobra do Brollón. En palabras dela para este xornal: “gustoume moito este lugar e como me acolleu a xente, co cal decidín vir vivir aquí”.

Sabemos que practica a escalada e o montañismo dende hai aproximadamente uns 12 anos e que ten vinculación con clubs como ‘O Cordal’ –de Lugo– e o ‘Buxán’, colectivo que ten como zona de acción as Comarcas de Sarria, Terra de Lemos e O Courel. Foi precisamente grazas a uns amigos e a este último club como coñeceu A Pobra do Brollón.

O caso é que a unión desta afección polo montañismo de Muki ligou con outra moi presente sempre na súa vida: os xogos. E desa fusión naceu un xogo de cartas bautizado como “Cordadas, trasnadas camiño do cumio!”. Falamos con ela para coñecer máis cousas desta iniciativa.

Como foi xurdindo a idea deste xogo?

Tomando un café en Baleira cuns amigos antes de ir de escalada. A idea inicial foi facer un xogo de mesa, con taboleiro, fichas, dados e cartas… e de feito xa o tiña medio feito, bastante desenvolvido e incluso xa se podía xogar, cando decidín que era mellor darlle forma de baralla. Este cambio de estratexia tíveno estando nunha travesía polos Picos de Europa. Dinme conta de que eu na mochila só metía unha baralla de cartas polo que decidín adaptar o xogo só a cartas.

Aproveitaches material do xogo de mesa inicial?

Si, aproveitei deseños dos materiais e algunha idea concreta. E non desboto tampouco que no futuro poda sacar adiante o xogo de mesa.

Cónstanos que tanto a idea como os debuxos son de creación propia. Tes coñecementos de ilustración e deseño?

Son autodidacta e sempre me gustou debuxar. Non teño estudos específicos pero deféndome ben, teño maña para os programas de deseño (ri).

Hoxe lanzas un crowdfundig. Cóntanos.

Si, hoxe comeza a campaña en Verkami para que a xente poda conseguir o xogo. Hai recompensas e descontos especiais. Se vai adiante a campaña conto con que as recompensas estean nas casas entre 2-3 meses.

Algunha idea de futuro se ten tirón o xogo?

A idea a priori sería distribuílo eu mesma en tendas de xogos… movelo eu a través dos medios que teño.

Algunha inspiración en xogos de cartas coñecidos?

Quizais si. Como curiosidade atopei na casa de meus pais un xogo antigo que se chamaba “100 kilómetros” e as cartas de axuda ou comodíns son parecidas. Tamén pode haber alguén a quen lle lembre algún detalle da mecánica do xogo Virus…

“Cordadas, trasnadas camiño do cumio!” / Imaxe cedida pola autora.

O XOGO

Cordadas’ é un xogo no que poden participar de 2 a 6 xogadores e no que aínda que a temática sexa a escalada e o alpinismo, calquera pode xogar pois baséase nun código de cores. A intención é que saia en galego e en castelán.

En ‘Cordadas’ xoga unha intrépida alpinista ou escalador que teñen como obxectivo chegar ao cumio levando todo o material que precisan. Hai cartas de material de escalada clásica, escalada deportiva e alpinismo. O resto de xogadores tentarán que os contrincantes non acaden o seu obxectivo por medio de cartas de trasnadas e de meteoroloxía adversa.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Feira Degustación da Tenreira Galega’ de Láncara

José Tomé amosou a súa satisfacción por contribuír dende a Deputación de Lugo a...

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...