HomeEn profundidadePanorama, Combo Dominicano, Olympus e Gin Toni’s nas Festas de Escairón

Panorama, Combo Dominicano, Olympus e Gin Toni’s nas Festas de Escairón

Cartel espectacular para un programa de festas no que as actuacións musicais serán as grandes protagonistas. Como cada ano tamén haberá unha carreira popular e a tradicional carreira de burros o martes 8 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Festas Patronais de Escairón, na honra á Virxe das Dores, comezaron este xoves día 4 de agosto cunha xornada de portas abertas de xogos de mesa e alongaranse ata o día 8. Do 5 ao 8 destacan na programación as actuacións musicais de grandes orquestras.

Como aperitivo, este xoves día 4 empezou a celebrarse o “II Torneo de Catán festas patronais de Escairón”. A fase clasificatoria estenderase ata o sábado pola mañá sendo a final ás 16:00 h. dese día. Haberá premios para os 4 finalistas e o sorteo doutros 4 entre todos os participantes.

Para o sábado 5 está programada a ‘IX Carreira Popular Concello O Saviñao’ pola mañá e unha gran verbena na Praza Maior para a noite coas orquestras Punto Clave e Los Chicanos del Sur.

Chegando ao domingo temos unha completa xornada cun pasarrúas da Banda de Prado e o Grupo de Gaitas Os Tarabelos do Saviñao ás 11:00 h. e xogos Populares ás 12:00 h. na praza maior. Ás 13:00 h. terá lugar a Misa e a Procesión e ás 14:00 h. música a cargo dos grupos que participaron no devandito pasarrúas.

Xa pola tarde, partido de Fútbol ‘Trofeo Festas de Escairón’, encontro que medirá ao At. Escairón co CP Calasancio.

Contra a noite música a cargo da Banda de Prado na Praza Maios e xa ás 23:00 h. a esperada verbena no Campo da Lama con Gin Toni´s e a Orquestra Panorama. O grupo de pop rock dos 80 e 90 local, Gin Toni’s, aproveitará esta ocasión para festexar na casa os 10 anos de traxectoria.

O luns 7 será un día marcado polas propostas infantís ao longo do día e outra gran verbena na Praza Maior a cargo das orquestras La Oca Band e Gran Parada. Para a cativada haberá actividades de lecer no Campo de fútbol da Lama ás 12:00 h. e a partir das 17:30 h. inchables e atraccións acuáticas, con festa da escuma para rematar ás 19:30 h.

Carreira de burros Escairón 2019 / Concello O Saviñao

Como remate do espectacular programa de festas 2023, o martes 8 celebrarase a Gran Carreira de Burros ás 12:00 h. e a competición de Tiro de Corda –cativos e adultos– ás 13:30 h. A continuación amenizará a Charanga Unión Phenosa.

Pola tarde, ás 18:00 h., outro partido de fútbol, enmarcado este no Trofeo Excmo Concello do Saviñao, entre o Ar. Escairón e o CD Velle. Cara as 20:30 h. concerto da Charanga Unión Phenosa e fin de festa espectacular coas orquestras Olympus e Combo Dominicano ás 22:30 h.

O punto final e peche marcarao o Gran Folión de fogos artificiais.

ÚLTIMAS

Laboratorio de Experiencias, nova proposta do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que se celebra ata finais de xuño

O Laboratorio de Experiencias propón un modelo turístico máis experiencial, sostible e conectado cos...

O PP de Monforte demanda un plan de impulso para a música e danza tradicional galegas

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para esixir ao...

8.563€ para a reposición da varanda da Pinguela danada pola caída dunha árbore no temporal

A caída da árbore dobrou completamente as dúas varandas laterais no primeiro tramo da...

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio...