HomeEn profundidadeAs augas das costas galegas revelan segredos do Imperio Español

As augas das costas galegas revelan segredos do Imperio Español

Investigadores publican os resultados das análises químicas dos restos do galeón 'Santiago de Galicia', afundido en 1597 en Ribadeo, e da fragata da Armada española 'Santa María Magdalena', botada en 1773 en Ferrol e que foi a pique en 1810 en Viveiro. Os resultados evidencian que os cascos destes navíos foron construídos con madeira de carballo do noroeste peninsular e que en Europa se teceron rutas comerciais para o subministro de distintos tipos de madeiras destinadas ás frotas española e portuguesa, sendo o "motor da primeira globalización".

Publicado o

- Advertisement -

As augas galegas agochan tesouros arqueolóxicos de incalculable valor que nos falan de historias de invasións e armadas invencibles, de rutas comerciais que anticiparon a globalización ou do desenvolvemento tecnolóxico e das exquisitas e avanzadas artes e técnicas de construción naval en épocas gloriosas e épicas como a do Imperio español. Historias que se poden ler nas madeiras de pecios que se conservan na nosa costa, como o galeón Santiago de Galicia –nave capitá da segunda Armada Invencible montada por Felipe II–, que se foi a pique en 1597 na ría de Ribadeo; ou a fragata Santa María Magdalena, afundida na madrugada do 2 de novembro de 1810 na ría de Viveiro, por mor dunha tempestade, e que formaba parte da frota hispano-inglesa que loitou contra a ocupación francesa.

Toda a información no Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...