HomeEn profundidadeEnfase Enerxía: trato personalizado, próximo, e de confianza, para aforrar na factura...

Enfase Enerxía: trato personalizado, próximo, e de confianza, para aforrar na factura enerxética

Dende as súas oficinas de Monforte un equipo de traballadoras atende á xente como se facía antes: cara a cara, explicando sen présas, estudiando cada caso de xeito personalizado e resolvendo esas dúbidas que nos asaltan cando temos a sensación de que estamos pagando de máis.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Enfase Enerxía chegou a Monforte en setembro do 2024 e ten as súas oficinas na Avenida de Galicia, 40 –onde a parada de taxis–. Como asesoría enerxética local, e colaborador oficial de Iberdrola, atende cada día a veciños/as, particulares e negocios, para buscarlles a opción profesional e económica que mellor cubra as súas necesidades enerxéticas. En palabras da xerente, María Lorenzo, “trátase de que veciños, veciñas, negocios e empresas poidan entender o que pagan, aforrar con criterio, e ter un punto de atención próximo, real e de confianza”.

“atende cada día a veciños/as, particulares e negocios, para buscarlles a opción profesional e económica que mellor cubra as súas necesidades enerxéticas”

O sector enerxético volveuse un terreo confuso para moitos usuarios e usuarias que se atopan con tarifas que cambian, facturas que non se entenden, chamadas impersoais… e dúbidas que se amorean sen respostas claras. Partindo desta realidade, o traballo de Enfase Enerxía é ordenar, explicar con atención e resolver dúbidas e incertezas de xente que chega ás súas oficinas tras malas experiencias ou coa sensación de non saber se están pagando de máis.

“Cremos nunha enerxía mellor entendida, mellor xestionada e mellor acompañada. E iso comeza con algo tan fundamental como escoitar as dúbidas e resolvelas con calma”, din dende a xerencia.

Fachada e porta principal que dá á Avenida de Galicia. Foto: XMF

QUE SERVIZOS SE OFRECEN EN ENFASE ENERXÍA?

-Revisión da factura explicando onde se pode axustar e aforrar.

-Xestión de contratacións de luz e gas, cambios de titularidade, optimizacións de potencia e calquera trámite con Iberdrola ou a distribuidora.

-Acompañamento a fogares, comercios, autónomos e comunidades que buscan pagar o xusto.

-Asesoría solar para aqueles que queiran dar o paso do autoconsumo.

O horario das oficinas de Monforte é de 9:00 a 13:30 h pola mañá, e de 16:00 a 19:00 h en horario de tarde. Nelas aténdense tanto a particulares como a empresas, un sector –este último– ao que lle dedican unha canle específica dende hai 2 meses.

Interior das oficinas de Enfase Enerxía en Monforte. Foto: XMF

APOSTA POLO TRATO AO CLIENTE E INTEGRACIÓN NO TECIDO LOCAL

Enfase Enerxía empezou cunha oficina en Ourense e agora conta con presenza, ademais de Monforte, en Verín e no Barco de Valdeorras. Un crecemento que fan posible equipos de traballo especializados en asesoría enerxética local e cuns principios moi definidos: ofrecer confianza, seguridade, claridade e proximidade.

María Lorenzo afirma que “moita xente que entra na oficina vén referida por outros clientes destacando a atención e o trato personalizado que ofrecemos”, e engade “a atención rápida e con pouca información crea confusión e dúbidas, por iso empresas como a nosa, gaña terreo”.

“asesora a empresas e comercios locais, conta con dúas empregadas de aquí e están asociados ao Centro Comercial Urbano”

A súa aposta por Monforte como cidade forte e grande do sur de Lugo é clara. En setembro de 2024 estableceuse nunhas amplas oficinas nun baixo que fai recuncho coa Avenida de Galicia e a Rúa Roberto Baamonde –onde estivo anteriormente o Banc Sabadell–, asesora a empresas e comercios locais, conta con dúas empregadas de aquí e están asociados ao Centro Comercial Urbano. E precisamente con esta entidade están estudiando ofrecer de cara ao 2026 algunha promoción específica para os seus asociados e asociadas.

Dúas traballadoras de Enfase Enerxía. Foto: XMF

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...