HomeMedio ambiente e PatrimonioObras sen autorización en San Salvador de Asma?

Obras sen autorización en San Salvador de Asma?

En Marea pedirá en setembro explicacións á Xunta sobre as obras sen autorización en San Salvador de Asma. Interesaranse ademais pola suposta venda de pendra do mosteiro.

Publicado o

- Advertisement -

A deputada Paula Vázquez Verao xa alertara á Xunta a comezos deste ano da denuncia de Por Chantada sobre a realización de obras no conxunto do mosteiro, sen que constara licenza municipal nin a pertinente autorización da Consellería de Cultura para ditas actuacións. O tema non obtivo resposta polo que se leverá á primeira Comisión de Cultura que se celebre.

O mosteiro de San Salvador de Asma conta con restos de distintas épocas, Consérvanse vestixios románicos e un templo tamén do século XII, con restos prerrománicos, así como partes do s. XV, XVII e XVIII. Asemade, conta cun retablo renacentista. A igrexa é visitable, pero o conxunto do mosteiro non, estando en mans privadas. Foi declarado BIC, na categoría de monumento, de acordo co Decreto, de 27 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural a paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

Dende En Marea lembran que o artigo 39 da Lei de Patrimonio, que regula o réxime de autorizacións das intervencións nos bens de interese cultural, recolle, que “as intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados… terán que ser autorizadas pola consellaría competente”, autorización que terá “carácter independente de calquera autorización licenza ou trámite previo”.

Nesta situación a Deputada Paula Vázquez Verao volverá pedir explicacións polas obras en San Salvador de Asma e solicitará que se inicien os trámites para reparar o dano causado no mosteiro. Ademais instarán á Xunta a presentar un informe sobre as posibilidades de adquisición e xestión pública do mosteiro de San Salvador de Asma así como a elaboración dun Plan Especial de Protección. A este respecto, En Marea solicitará á Xunta explicacións pola denuncia presentada polo Sorriso de Daniel, sobre o anuncio de venda de pedra nun portal, cuxo número de teléfono é o mesmo que o que se pon de referencia para a venda do mosteiro.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...