HomeMedio ambiente e PatrimonioAsí foi o pavoroso incendio de Monforte que pasou a Pantón: case...

Así foi o pavoroso incendio de Monforte que pasou a Pantón: case 500 hectáreas queimadas

O xoves pola noite desaloxaronse a algúns veciños de dous pequenos núcleos de poboación en Monforte e Pantón pola proximidade das lapas.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural informou ao mediodía deste venres de que quedou controlado o incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Monforte de Lemos, que devorou, polo momento, 465 hectáreas de terreo.

En concreto, o incendio máis importante do verán en Galicia, o de Monforte de Lemos, quedou controlado sobre as 13,48 horas e, segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 465 hectáreas. Na mañán deste venres, o rexedor monfortino destacaba a virulencia deste lume e apuntaba que xa estaba controlado.

As chamas, que comezaron ás 13,22 horas na parroquia de Seoane, estendéronse rapidamente ata alcanzar as 350 hectáreas de terreo e pasaron ao veciño municipio de Pantón. Sobre medianoite, o incendio quedou estabilizado, e foi controlado pouco antes das 14,00 horas deste venres.

Por precaución, ante a rapidez coa que se desenvolvía, o xoves optouse por desaloxar a algúns veciños de dous pequenos núcleos de poboación en Monforte e Pantón, que puideron volver ás súas casas horas despois. A maiores, o lume e o fume tamén afectou á circulación de varias estradas, que tiveron que ser cortadas.

Neste incendio traballan dous técnicos, oito axentes, 41 brigadas, 22 motobombas, cinco pas, 13 helicópteros e sete avións.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...