HomeMedio ambiente e PatrimonioMonforte necesita limpar os seus regatos

Monforte necesita limpar os seus regatos

Publicado o

- Advertisement -

Os arrois de Zapardiel, Malloadas, Río Seco e Ribasaltas, á altura da área recreativa, necesitan unha limpeza urxente

Julia Rodríguez, voceira do PP de Monforte, mantivo unha reunión con Francisco Marín, presidente da Conferederación Hidrográfica Miño-Sil onde lle solicitou a limpeza dos arroios da cidade do Cabe pois segundo os populares, “é unha intervención moi necesaria posto que este ano foi moi chuvioso e con varios asolagamentos”. Neste sentido, tamén agradecen a boa disposición que o presidente da Confederación amosa sempre coas reivindicacións que se lle trasladan, polo que agarda que estes traballos poidan ser acometidos o antes posible. Valora tamén as actuacións que a CHMS desenvolve de xeito constante na cidade e lamente a falta de compromiso do rexedor cos arroios da cidade.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, co presidente da CHMS. Fonte: PP de Monforte

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...