HomeMedio ambiente e PatrimonioChegan os avaliadores da UNESCO ó Xeoparque do Courel

Chegan os avaliadores da UNESCO ó Xeoparque do Courel

Dende o martes 17 ata o venres 20 coñecerán de primeira man, e baixo visitas guiadas e explicacións rigorosas, os argumentos polos cales a candidatura ten unha base sostible para obter tal recoñecemento.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns 16 de xullo chegan ó Courel os avaliadores da UNESCO para coñecer sobre o terreo a candidatura deste territorio a Xeoparque Mundial Montañas do Courel. Ó redor das 20:00 horas entrarán na Casa Rural Verxel, en Vilardomato (Ribas de Sil) onde se aloxarán os días que duren os seus traballos.

Dende o martes 17 ata o venres 20 os avaliadores coñecerán de primeira man, e baixo visitas guiadas e explicacións clarificadorias, os motivos e a paisaxe polos cales a candidatura presentada ten unha base sostible para gañar tal recoñecemento.

Durante a súa estancia visitarán os Museos Etnográfico e o Xeolóxico de Quiroga. Tamén realizarán visitas de campo onde poderán observar o serpenteante trazado do Río Sil polas montañas do Courel e a súa relevancia na historia da zona; gozarán das espectaculares vistas dende os xeomiradores de Pena do Ladeiro,  de Louxoá a Cubela, o das Fontes, o de Campodola, o de Penaboa e o da Pómez.

Na súa estancia en terras galegas tamén visitarán a aldea de Montefurado e o seu Túnel Romano e a zona mineira de Margaride. Coñecerán de primeira man o pregamento deitado das montañas do Courel, a Canteira de Pacios da Serra. Os promotores da candidatura levaranos ata a Campa da Lucenza e a Fervenza de Rexíu, a aldea de Froxán, o Castro de Vilamor, o Castro da Torre no val do Lor, o Val das Mouras, o Centro de Interpretacion das Covas de Meiraos, a Estación Científica do Courel, as rochas carbonatadas,  o Castelo de Carbedo, a Devesa da Rogueira, o punto de observación do Val de Visuña, os vales glaciares da Seara, xunto coa aldea, o punto de observación da Golada e o Till da Seara e, para rematar a súa viaxe, acudirán a Vieiros para ver ó muíño fariñeiro e a espectacular fervenza.

 

ÚLTIMAS

Cine social na programación de maio do Cineclub Ateneo

As actividades comezan o venres, 8 de maio coa proxección ás 20:00h de "Frontera"....

Davide Salvado presenta o seu novo traballo na mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra ‘Vendaval’

Do 23 ao 31 de maio terá lugar o pase de primavera do Vendaval,...

O físico, Jorge Mira, falará este venres en Quiroga da eclipse solar do 12 de agosto

A charla centrarase nas características deste fenómeno astronómico pouco frecuente, repasando o que é...

Lemos Le prepara para o 15 de maio a I Romaría das Letras Galegas

Esta primeira edición nace coa vontade de converterse nun espazo de encontro, celebración e...