HomeMedio ambiente e Patrimonio200.000 euros para a rehabilitación do mosteiro de Xunqueira

200.000 euros para a rehabilitación do mosteiro de Xunqueira

A Xunta de Galicia vén de publicar a licitación das obras de restauración e conservación do Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo por 188.355 euros, unhas actuacións especialmente importantes para afondar na posta en valor do patrimonio cultural da Ribeira Sacra, que encara a recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade no 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto, cofinanciado con fondos FEDER, permitirá mellorar as condicións de conservación de elementos singulares do patrimonio cultural como este mosteiro, protexido como Ben de Interese Cultural (BIC) e que acolle, ademais, a oficina de turismo do Concello, para o que se realizaron diferentes actuacións nos últimos anos.

Os traballos incluirán, entre outras, diferentes actuacións no acabado das escaleiras da zona porticada da oficina de turismo e tamén na súa fachada norte. Tamén se prevé actuar nas fachadas norte e leste da igrexa, afectadas pola humidade 

Igualmente, actuarase sobre o adro da igrexa, revisando as drenaxes e descubrindo as zonas enterradas da fachada dando un novo tratamento axardinado. Tamén se limpará o pavimento de vexetación e se investigarán as canalizacións históricas e recuperaranse na medida do posible o recorrido natural das escorrentías, reducindo a súa entrada na igrexa.

Na zona acristalada do claustro substituiranse os vidros rotos e readaptaranse as portas de vidro existentes adoptando unha solución que permite a ventilación pola zona superior. Tamén se revisará a cuberta da igrexa, na fachada da biblioteca substituirase o revestimento, recuperarase a viga policromada do coro e faranse actuacións de restauración para a súa conservación. Os traballos terán un prazo máximo de execución de tres meses.

Mosteiro de Xunqueira / Consellería de cultura

Alta Idade Media

As orixes do Mosteiro da Xunqueira de Espadanedo sitúanse nun cenobio familiar da Alta Idade Media. Amparado polo veciño Mosteiro de Santa María de Montederramo pásase ao císter a finais do século XII comezando a construción da fábrica medieval entre finais do século XII e inicios do XIII. É un cenobio cisterciense formado por igrexa, mosteiro e claustro. A igrexa ten planta basilical e carece de cruceiro. 

No interior destaca entre o mobiliario litúrxico, o altar de pedra de estilo románico e o retablo maior que narra a infancia de Xesús. En canto ás dependencias monásticas, concéntranse de forma compacta en torno ao patio. Pódese falar de dúas fases construtivas históricas, unha inicial de tempos medievais e da que é testemuño a igrexa e outra posterior de Idade Moderna á que se adscribe o resto do conxunto.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...