HomeMedio ambiente e PatrimonioOutono Xeolóxico nas Montañas do Courel

Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel organiza o primeiro Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel nos meses de setembro, outubro e novembro. Tres fins de semana distintos nos que se abordarán os temas da minería aurífera, o Glaciarismo e as Rochas do Xeoparque e a ruta das aldeas paleozoicas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Outono Xeolóxico comezará o 26 de setembro en Ribas de Sil, coa temática, Ouro, romanos e montañas do Courel. A xornada inaugurarase ás 11.00 e ás 11.10 ofrecerase a charla “O ouro romano que uniu a Maragatería leonesa coas Montañas do Courel”, ás 12.00 o tema será “O impacto da minería aurífera romana nas sociedades castrexas da Serra Oriental Lucense; ás 12.50 0 arqueólogo Iván Álvarez Merayo ofrecerá a conferencia “Un novo recurso para o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel, o CIMAR, Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana. Ás 13.30 farase unha saída de campo á minería aurífera do sur do xeoparque, en Sequeiros, miradoiro Pena do Ladeiro, Margaride.

O 3 de outubro a cita será na casa da cultura de Quiroga co Glaciarismo e vexetación do pasado das nosas montañas. Ás 10.45 ofrecerase a conferencia “Glaciarismo e periglaciarismo nas Montañas do Courel” e ás 11.30 “A Lucenza, a lagoa que viu medrar os bosques”. A saída desta xornada será precisamente á lagoa da Lucenza e o día 4 aos ríos e recursos xeolóxicos da Seara e Vieiros.

O 21 e o 22 de novembro na casa da cultura de Folgoso do Couel terán lugar os talleres formativos as idades xeolóxicas e as rochas do xeoparque. A primeira xornada será sobre as rochas do xeoparque con contidos teóricos de 10.00 a 12.00 e saída de 12.00 a 18.00 a Vilarbacú, A Seara e Visuña. O día 22 o tema será as aldeas palezoicas do xeoparque con saídas a Céramo, Froxán e Seceda.

A inscrición e gratuita pero obrigatoria a través do correo info@ribeirasacracourel.es. Débese indicar o nome completo, lugar de procedencia, DNI e xornada na que quere participar. As prazas son limitadas, e asignaranse por orde de inscrición. 


ÚLTIMAS

O PP leva á Cámara Alta a “parálise da A-56 e o abandono da N-540”

Os senadores populares alertan de que a A-56, unha infraestrutura estratéxica para vertebrar o...

O BNG esixe ao Goberno actuacións urxentes na N-540

A N-540 é unha infraestrutura fundamental para a conexión entre Ourense e Lugo, a...

O CEIP de Quiroga homenaxea o Entroido Choqueiro e o Touro de Bendilló

Nestes días o alumnado do centro tivo unhas charlas a cargo do historiador, Ramón...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o San Valentín e o Entroido

O Centro Comercial e de Lecer Ponte Vella prepárase para vivir uns días con...