HomeMedio ambiente e PatrimonioMoito que facer na Ribeira Sacra este outono

Moito que facer na Ribeira Sacra este outono

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ultima o programa cultural e divulgativo "A caída da folla 2020".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O organismo encargado de dinamizar este territorio prepara un outono cargado de atractivas e variadas actividades para gozar dun turismo activo. Realizaranse entre o 17 e outubro e o 22 de novembro tendo como escenarios diferentes puntos e concellos pertencentes ao territorio que aspira a ser recoñecido como ‘Patrimonio Mundial da Unesco’ o vindeiro ano.

Entre as diferentes actividades que forman po ciclo deste ano destacan, entre outras, os percorridos do Camiño de Inverno a Santiago, a pintura, a recollida de cogomelos, paseos históricos para coñecer o patrimonio, a experiencia de coñecer o proceso de produción de aceite e participar na recollida da oliva en Quiroga, fotografía, curso de técnica en BTT…

A partires do martes 13 de outubro, estará dispoñible toda a información de cada unha das actividades na web do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e poderán realizarse xa reservas de prazas.

Todas as propostas ofertadas contan cun aforo máximo de 9 persoas máis monitor/formador/guía e sempre que sexa posible, e os espazos e necesidades técnicas o permitan, abriranse novos grupos a medida que se vaian completando.

Dende a organización informan tamén que a realización das actividades quedará suxeita ás condicións meteorolóxicas e indicacións sanitarias vixentes en cada momento.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...