HomeMedio ambiente e PatrimonioRecollida 'porta a porta' do cartón a comercios de Sarria

Recollida ‘porta a porta’ do cartón a comercios de Sarria

A acción, dirixida aos titulares de negocios e comercios do concello, consiste na recollida selectiva do cartón porta a porta e forma parte da campaña “Sarria é verde”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A adhesión é moi sinxela: simplemente cubrir o impreso colgado na páxina web do Concello de Sarria e depositar o cartón os martes entre as 10:00 e as 11:00 horas da mañá na porta dos establecementos, onda será recollido polos operarios de Cespa.

“Con esta campaña conseguimos un gran obxectivo medioambiental, xa que todo o cartón recolleito será reciclado e non como ata a data, no que a maior parte do mesmo recibe o mesmo tratamento que o resto do lixo”, comentan dende o goberno local.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...