InicioMedio ambiente e PatrimonioRibeira Sacra protagonista dos itinerarios de balde para coñecer o románico lucense...

Ribeira Sacra protagonista dos itinerarios de balde para coñecer o románico lucense o día 9 de maio

Con visitas ó mosteiro do Divino Salvador, en Ferreira de Pantón; San Xoán da Cova, en Carballedo; Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada; San Pedro de Ribas Altas, en Monforte de Lemos; San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela; San Nicolás ou San Xoán, en Portomarín; Santa María de Torbeo, en Ribas de Sil; Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao; Santa María de Proendos, en Sober; e Santa María de Taboada dos Freires, en Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo programa de actividades con motivo do Día da Transrománica. Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico. Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos  por un guía oficial de turismo.

As inscricións permanecerán abertas ata o día anterior ás actividades, o 8 de maio, ás 12.00 horas, ou ata completar aforo. En total ofértanse 112 prazas e as persoas interesadas poderán inscribirse na páxina web http://inscricions.deputacionlugo.org.

As rutas no sur da provincia son as seguintes:

Ás 10.30 horas

  • Ribeira Sacra – Carballedo
  • Ribeira Sacra – Monforte de Lemos
  • Ribeira Sacra – Taboada
  • Ribeira Sacra – Pantón
  • Ribeira Sacra – O Saviñao

Ás 11.00 horas

  • Camiño Francés I – Sarria

Ás 16.30 horas

  • Camiño Francés II: Portomarín e San Facundo de Ribas de Miño
  • Ribeira Sacra – Chantada
  • Ribeira Sacra – Sober

A Ruta Transrománica está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. A provincia de Lugo é o terceiro lugar de toda España que forma parte desta entidade e conta na súa ruta con 10 igrexas de arte románico situadas en 10 concellos da Ribeira Sacra.

As igrexas que inclúe a candidatura son: o mosteiro do Divino Salvador, en Ferreira de Pantón; a igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo; a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada; a igrexa de San Pedro de Ribas Altas, en Monforte de Lemos; a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela; a igrexa de San Nicolás ou San Xoán, en Portomarín; a igrexa de Santa María de Torbeo, en Ribas de Sil; a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao; a igrexa de Santa María de Proendos, en Sober; e a igrexa de Santa María de Taboada dos Freires, en Taboada.

ÚLTIMAS

Ata o 12 de decembro pódense solicitar prazas na Ludoteca de Nadal de Sarria

“Sarria Concilia 2023-24” ten prazo aberto de inscrición ata o 12 de decembro....

Concerto da soprano, Aida Gimeno, o 9 de decembro en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais organizan esta proposta que achega ao...

Pintores de Carballedo, nacer en Carballedo ten o seu aquel artístico

Xosé Randolfe Vilariño é un dos ilustres de Carballedo, nado no lugar de Quintá...

Unanimidade no Parlamento para demandar ao Goberno de España a execución das variantes ferroviarias dos Peares e Rubián

O autor da iniciativa, José Manuel Balseiro, lembrou que son “infraestruturas proxectadas no seu...