HomeMedio ambiente e PatrimonioNovo camión do lixo e punto limpo móbil para Ribas de Sil

Novo camión do lixo e punto limpo móbil para Ribas de Sil

O novo vehículo chega este venres e a licitación para adquirir outro camión dotado de punto móbil iniciarase en breve, segundo indican dende o equipo de goberno municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 7 de maio ás 12:00 da mañá está prevista a chegada a San Clodio do novo camión de lixo que ademais servirá de escaparate para facer promoción do Xeoparque Montañas do Courel.

Os escolares do colexio da capitalidade de Ribas de Sil participarán na recepción do vehículo, pero antes, ás 11:00 h., recibirán uns libriños dos bolechas e unha charla a cargo de técnicos de Sogama para fomentar nos nenos a reciclaxe.

Camión do lixo de Ribas de Sil. Foto: Concello

Xa pola tarde está prevista a entrega de 50 contedores de compost para outros tantos veciños que se interesaron por esta iniciativa de cara a aproveitar os restos orgánicos para facer compost. Recibirán unha formación este mesmo venres ás 16:00 h.

PUNTO LIMPO MÓBIL

O equipo de goberno informou tamén que proximamente se iniciará a licitación para a adquisición dun camión dotado de “minipunto limpo móbil”.

Consistirá nunha caixa con varios departamentos para ir deixando polas aldeas do concello nas que non se pode facer a recollida selectiva. Deste xeito os veciños e veciñas poderán depositar os cartóns, vidros, plásticos, lámpadas, aceite, roupa, pequenos electrodomésticos e pilas, nas mesmas condicións que calquera veciño do núcleo urbano.

Este camión tamén servirá para facer a recollida de lixo non convencional que o concello realiza de xeito gratuíto todos os primeiros luns de cada mes.

O camión sairá a licitación por un importe de 50.000 euros, contando para o seu financiamento cunha axuda de 40.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN

Seguindo con esta campaña de atención e coidado do medio ambiente que leva a cabo o Concello de Ribas de Sil, dedicarán tamén parte da mesma á concienciación para a reciclaxe.

Comezarán o sábado e consistirá en visitas personalizadas a cargo dunha persoa que durante todo o mes repartirá folletos porta a porta, xunto cunha carta asinada polo Alcalde e o Concelleiro de Medio Ambiente.

O obxectivo final desta acción é tentar facerlle ver aos veciños e veciñas a importancia de reciclar o lixo. Un exercicio de civismo ecolóxico que se traduce no coidado do medio ambiente e nun aforro económico para as arcas municipais.

ÚLTIMAS

Os alpinistas de 3Cumios emprenden o 15 de xullo a expedición ao Huascarán en Perú

Os montañeiros de Monforte, Pantón e Sober, con longas traxectorias neste deporte, crearon na...

CSIF denuncia a privatización de historias clínicas, “que comprometerá a protección de milleiros de pacientes en Monforte”

CSIF reclama que as historias clínicas se cubran mediante as listas de contratación de...

Confirman catro anos de cadea para un detido en Monforte por delito contra a saúde

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección 2ª...

Colados, un novo Festival na Ribeira Sacra, este 12 de xullo

Varios emprendedores e emprendedoras de Bolmente (Asociación para o Emprendemento Sostible da Ribeira Sacra),...