InicioMedio ambiente e PatrimonioUn cento de persoas coñece o románico da provincia no Día da...

Un cento de persoas coñece o románico da provincia no Día da Transrománica

Os representantes provinciais realizaron o percorrido deseñado no concello de Taboada que incluíu o paso pola Igrexa de Taboada dos Freires, a Igrexa de San Pedro de Bembibre, a Igrexa de Santa María de Piñeira e a Igrexa de Santa María de Castelo. Entre os recursos que visitaron estaban algún dos tímpanos máis coñecidos do románico galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participaron este domingo nas actividades que a institución provincial organizou con motivo do Día da Transrománica, que se celebrou este domingo e para as que se cubriron nun tempo récord as 112 prazas dispoñibles. 

O organismo provincial poñía en marcha 14 itinerarios con 112 prazas para coñecer algúns dos recursos románicos máis importantes da provincia de Lugo. O cento de participantes, que realizaron as distintas rutas acompañados de guías oficiais de turismo, puideron descubrir a Igrexa de Santa María de Pesqueiras e Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada; a Igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo, ou San Paio de Diamondi, no Saviñao. Tamén percorreron a Catedral e o casco histórico de Lugo, a igrexa de Santa María, en Meira, ou a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.

O Presidente destacou que “estas actividades permitiron aos veciños e veciñas da provincia coñecer o patrimonio que teñen máis cerca e que sexan os primeiros promotores dos nosos recursos, porque na provincia temos moito que mostrar. En apenas cinco días esgotáronse as 112 prazas ofertadas e moitas das de reserva, o que demostrou que os lucenses están interesados nestas iniciativas que promoven  un turismo de calidade, non masificado e de proximidade”.

A Ruta Transrománica

A Ruta Transrománica está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A provincia de Lugo é o terceiro lugar de toda España que forma parte desta entidade, despois de Castela e León, co mosteiro de Santo Domingo de Silos, e a cidade de Zamora, e conta na súa ruta con 10 igrexas de arte románico situadas en 10 concellos da Ribeira Sacra.

As igrexas que inclúe a candidatura son as seguintes: o mosteiro do Divino Salvador, en Ferreira de Pantón; a igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo; a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada; a igrexa de San Pedro de Ribas Altas, en Monforte de Lemos; a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela; a igrexa de San Nicolás ou San Xoán, en Portomarín; a igrexa de Santa María de Torbeo, en Ribas de Sil; a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao; a igrexa de Santa María de Proendos, en Sober; e a igrexa de Santa María de Taboada dos Freires, en Taboada.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....