HomeMedio ambiente e PatrimonioSegredos de Pantón traballa nun censo de "árbores senlleiras" do concello

Segredos de Pantón traballa nun censo de “árbores senlleiras” do concello

Trátase dun proxecto colaborativo para confeccionar un catálogo de interese para veciñas e veciños e tamén para visitantes e turistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación Segredos de Pantón vai comezar un proxecto para poñer en valor o patrimonio natural do concello.

Nesta nova acción queren localizar árbores ou conxunto delas salientables tanto pola súa historia, como pola súa idade ou dimensións.

A idea é ir incorporando estes elementos, coma poden ser os cipreses da igrexa de San Fiz de Cangas, os plataneiros do Torrón, os piñeiros de Toldaos, o carballo de Cabo de Vila ou o piñeiro da Vila a unha base de datos que sexa accesible para todas e todos os/as interesados/as. De xeito que calquera que queira achegarse a estes elementos naturais poida facelo.

Piñeiro da Vila. Foto: SdP

A medida que esta listaxe se vaia confeccionando pensan tamén que incluso se poderá incorporar algunha árbore ao catálogo galego de árbores senlleiras de Galicia.

COMO PARTICIPAR

A xente interesada en participar pode facelo, tras localizar algunha árbore ou conxunto delas, mandando a localización do ben forestal, algunhas fotos, as dimensións aproximadas e incluso a historia que poida saber ao respecto.

A información anterior pode enviarse por whatsApp ao 662 669 223 (Lucas Vázquez), por correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com ou tamén comunicándose a través das diferentes redes sociais da entidade (Facebook, Twitter ou Instagram)

Segredos de Pantón facilita tamén un enlace para o mapa en Mymaps de Google para visualizar os exemplares: Patrimonio forestal pantonés

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...