HomeMedio ambiente e PatrimonioSober expón os materiais atopados en Proendos

Sober expón os materiais atopados en Proendos

Pódense visitar na Oficina de Turismo, de luns a mércores de 10 a 14:00 horas e de xoves a domingo de 10:00 a 20:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O arqueólogo e director das sondaxes feitas en Proendos, Francisco Alonso Toucido, e o Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, inauguraron na Oficina Municipal de Turismo a exposición permanente dos materiais atopados nos traballos realizados na antiga Proencia no outono de 2020, cedidos en depósito polo Museo Provincial.

Xa están dispoñibles para quen queira visitalos no horario da Oficina Municipal de Turismo. De luns a mércores de 10 a 14:00 horas e de xoves a domingo de 10:00 a 20:00 horas.

O acto forma parte das actividades do Mes do Amandi, unha programación que complementa a XLI Feira do Viño de Amandi, que terá lugar en Sober os días 11 e 12 de agosto.

Proendos exposición / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...