HomeMedio ambiente e PatrimonioObras murais para combater o feísmo na Ribeira Sacra

Obras murais para combater o feísmo na Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dá conta de varias actuacións de pintura artística en muros e fachadas que se realizan grazas ao financiamento de diferentes administracións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Enmarcadas no ‘Pacto Pola Paisaxe’ asinado co Instituto de Estudos do Territorio –Consellería Medio Ambiente– veñen de rematarse dúas intervencións impulsadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Trátase de dous murais de gran tamaño realizados polo artista Mon Devane, un con cereixas como protagonistas en San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, e outro en Quiroga sobre o aceite (foto de portada).

O ‘Pacto Pola Paisaxe’ recolle, entre outras, unha proposta de actuacións de pintura artística en muros e fachadas que representan unha mala praxe construtiva, tanto polo material –cemento, ladrillo visto, entre outros– como polo tamaño ou a localización dos mesmos. As propostas dan continuidade á liña de actuacións en murais e esgrafiados emprendidas con anterioridade polo Consorcio de Turismo e apoiadas agora pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Miguel Peralta, de Cestola na Cachola, comezou estes días outro dos murais en Montederramo, nunha edificación de ladrillo que chama especialmente a atención na entrada ao núcleo e a escasos metros do mosteiro, e que distorsiona a imaxe panorámica deste emprazamento. Unha vez remate esta obra, dará inicio outra nos vindeiros días no Concello de Carballedo.

As temáticas dos murais son escollidas sempre tendo en conta elementos patrimoniais a destacar e prestando especialmente atención á cultura inmaterial, como un xeito de lembralos e poñelos en valor mediante a obra mural. O tamaño medio das intervencións atópase nos 250-300 metros cadrados. 

OUTROS MURAIS POR DIANTE

Nas vindeiras semanas están proxectadas varias intervencións pictóricas: en Portomarín e A Peroxa, a cargo de Espacio Matrioska, e en Sober e Pantón, da man da artista Doa Oa.

Tamén están previstas outras localizacións pero xa para o ano 2022, ademais dunha liña que recuperará esgrafiados deteriorados e levará a cabo outros novos.

O Plan de Sostibilidade Turística apoiará tamén algunhas intervencións deste tipo. Unha que comezará de xeito inmediato con cargo a este plan no que interveñen, ademais do Consorcio, a Secretaría de  Estado de Turismo e a Axencia Turismo de Galicia, localízase en Quiroga. Trátase dun mural que fará referencia ao Camiño de Santiago e cubrirá unha parede de ladrillo que queda ao descuberto no centro da vila, na Praza da Rúa Lago.

ÚLTIMAS

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...

O Quixós volve de Portugal como subcampión galego en ‘Promesas Slalom’

Un novo éxito para o Club de piragüismo Quixós de Monforte, nesta ocasión no...