HomeMedio ambiente e PatrimonioExhúmanse novas tumbas no Castro de San Lourenzo na Pobra do Brollón...

Exhúmanse novas tumbas no Castro de San Lourenzo na Pobra do Brollón en vésperas de rematar a 4ª campaña de escavacións

O alcalde, Xosé Lois Maceda, que asistiu ás exhumacións falou da intención de converter o concello da Pobra do Brollón en referente da arqueoloxía galega.

Publicado o

- Advertisement -

O equipo que traballa no Castro de San Lourenzo, en Cereixa, dirixido polo arqueólogo, Xurxo Ayán, aproveitou a xornada para exhumar varias tumbas con restos humanos. Nunha das tumbas atopouse unha mandíbula, presumiblemente de muller, que conserva moitas pezas e hai tamén un cranio completo. Este tipo de achados permitirán facer unha comparativa con “Atilano” exhumado o ano pasado.

Todos os restos que van aparecendo no Castro de San Lourenzo desde que comezaron os traballos arqueolóxicos no verán do 2016 ofrecen importante información do modo de vida nesta zona nos séculos XI, XII e XIII. Entre outras cousas, este traballo permitirá afondar nas orixes da Ribeira Sacra como paisaxe simbólica nesta época.

Exhumacións no Castro San Lourenzo / Concello da Pobra do Brollón

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, e outros membros do equipo de goberno acudiron a ver os traballos. O alcalde falou da importancia do labor que se fai en San Lourenzo para “entender a nosa historia” e insistiu en que o Castro é ademais un recurso turístico fundamental para o concello.

A información completa dos achados de San Lourenzo este xoves en profundidade ás 22.00 h. en Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...