HomeMedio ambiente e PatrimonioMáis 600.000€ de axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico...

Máis 600.000€ de axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar en Santiago coa Ministra de Transportes, Raquel Sánchez, a adhesión do Concello ó programa de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico, ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa de rexeneración do casco histórico suporá que se habiliten 636.898 euros en achegas á rehabilitación en edificios e vivendas, edificación, reurbanización de espazos públicos e demais aspectos específicos da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Conxunto Histórico e zonas de respecto de Monforte de Lemos.

En total, o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana destinará 405.522,23 €, a Consellería de Medio Ambiente 104.785,77 euros e o Concello de Monforte, 126.590 euros, o 19,87% do total.

“Dende o Concello”, salientou o alcalde, “animamos a todos os nosos veciños e veciñas a que se animen a solicitar estas importantes axudas co obxecto de que acometan a rehabilitación das súas vivendas”.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas:

  1. Quen asuma a responsabilidade da execución integral da Área delimitada pola actuación.
  2. Cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada un. Os beneficiarios destinarán o importe íntegro da axuda ó pago das correspondentes actuacións.

As axudas para a mellora de vivendas localizadas nestas áreas de rehabilitación integral serán de ata 24.000 euros por vivenda, e as obras poderanse executar ata o ano 2025.

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...