InicioMedio ambiente e PatrimonioDe 20:30 a 21:30, na Hora do Planeta, conéctate coa Natureza

De 20:30 a 21:30, na Hora do Planeta, conéctate coa Natureza

A explanada da Compañía, a Praza da Estación e o conxunto monumental de San Vicente quedarán este sábado sen luz dende as 20:30 e ata as 21:30 horas. O concello de Monforte súmase así un ano máis á convocatoria da organización para a defensa da natureza WWF, que este ano baixo o lema Na hora do Planeta, conéctate coa Natureza, pretende mobilizar a tódalas cidades do mundo para demostrar o apoio global contra o cambio climático.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Hora do Planeta, iniciativa promovida por la Asociación WWF comezou no 2007 en Sidney, como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora. Unha acción que cos anos converteuse nun movemento mundial do que xa forman parte miles de cidades de 188 países, que en pasadas edicións apagaron máis de 17.000 monumentos e edificios emblemáticos.

A Hora do Planeta une a cidadáns, empresas, concellos e institucións para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade;  trátase da maior iniciativa mundial na defensa do medio ambiente, á que o Concello de Monforte vense sumando dende hai anos.

Debido á actual alerta sanitaria por mor do COVID-19 , dende WWF tomouse a decisión de cancelar todos los actos de rúa previstos para esta xornada, pero dende esta asociación ecoloxista continúase pedindo que se apaguen as luces dos fogares, dos monumentos e os principais edificios públicos de España na xornada de este sábado.

E sendo acordes coa situación actual de pandemia mundial, dende WWF, ademais do apagado de luces símbolo da Hora do Planeta, propóñense diferentes actividades para realizar desde casa, de modo que todos os que o desexen poidan sumarse coas súas familias ao maior evento virtual de sensibilización ambiental da historia, e que se poden atopar na web www.horadelplaneta.es.

O rexedor municipal, José Tom´é, destacou que “o acto simbólico ó que nos imos sumar este sábado, pretende concienciar da necesidade de empregar de forma responsable a enerxía. Cómpre que todos nos impliquemos para loitar contra o cambio climático e poder reducir así o nivel de emisións de CO2”. O rexedor tamén lanzou unha mensaxe ós monfortinos e monfortinas para que “entendan este xesto e se sumen nos seus fogares a esta iniciativa, que consiste en aforrar enerxía durante unha hora”.

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...