HomeMedio ambiente e PatrimonioPezas do castro da Torre do Courel no Museo Provincial de Lugo

Pezas do castro da Torre do Courel no Museo Provincial de Lugo

Este museo acolle a exposición temporal “Patrimonio Arqueolóxico do Courel. As intervencións no castro da Torre”. Na mostra atópanse pezas moi valiosas procedente das escavacións realizadas no xacemento de Sobredo, en Folgoso do Courel, entre os anos 1993 e 1997 polo arqueólogo Antonio Álvarez Nuñez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición reúne unha mestura de pezas inéditas, custodiadas nas zonas de reserva do MPL entre as que destaca un trefilador datado, con outras expostas acotío na Sección de Prehistoria e Arqueoloxía como a cerámica da Cova do Oso, a aguia e a tabula hospitalis do Courel.

A mostra, comisariada por Enrique Alcorta, Iván Álvarez, Aurelia Balseiro e Mª Ofelia Carnero, complementa a quinta edición da Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, centrada no Courel que se celebrou o pasado 25 de marzo.

Maite Ferreiro, Vicepresidenta da Deputación de Lugo, convidou a visitar a exposición, que se atopa na sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Museo, destacando que “ademais das pezas, nos achega tamén á metodoloxía e as formas de traballo en arqueoloxía nos anos noventa”.

Dende este 1 de abril están dispoñibles as actas audiovisuais dese encontro, editadas polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. Poden consultarse na canle de Youtube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...