HomeMedio ambiente e PatrimonioReinterpretando o abandono do rural, o 28 de maio na contorna de...

Reinterpretando o abandono do rural, o 28 de maio na contorna de Parada na Serra do Courel

"O monte con nome" é unha das dúas xornadas vivenciais que acolle o proxecto Laboratorio Mutante para a Ecoloxía dos saberes, unha iniciativa cofinanciada pola ONG Axuda en Acción e A Unión Europea no marco dos proxectos 1planet4all e promovida pola cooperativa Outonía S.coop Galega e a Ilustradora Eva Piay.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade, que se celebrará o sábado 28 de maio, xirará en torno á re-
interpretación do abondono no rural
e desenvolverase na contorna da aldea de Parada, en plena Serra do Courel.

A iniciativa vertébrase a través de tres accións principais:

Da man de Marcos Reinoso -biólogo, habitante do Courel e promotor do proxecto Pía Paxaro- levarase a cabo “A paisaxe re-evolucionada” unha ruta interpretativa que permitirá entender como o concepto de paisaxe sufriu unha evolución a medida que pasaron os anos e se abandonou o campo. Un xeito experiencial de comprender a transformación, a mutación, a re-evolución da paisaxe e polo tanto, a propia revolución da comunidade.

Trala andaina, Nuria Vil -poeta, creadora e activista- facilitará un espazo ás participantes a través da súa proposta “Espertar a palabra” na que a través de diferentes estímulos (fotografías, cheiros, sons…) tratará de alentar a creatividade das persoas participantes para explorar as posibilidades da escrita. Descubrindo a poesía como un xeito posible
de expresión e de representación no cotiá. Reflexionando a través da proposta sobre o abandono, e o xeito que ten a sociedade de interaccionar coa natureza, de consumir e de relacionarse en xeral co medio.

Como colofón á xornada, dende a Fundación Uxío Novoneyra -entidade colaboradora co proxecto- realizarase un pequeno percorrido interpretado pola casa do poeta. Unha antiga casa de labranza con orixe no século XVIII, na que naceu e pasou gran parte da súa vida e onde hoxe se seguen albergando multitude de obras e lembranzas da súa obra e doutras artistas galegas.

As inscricións son gratuítas ata completar aforo. Para máis información:
xornadas.inrural@gmail.com Tlf: 622834164

ÚLTIMAS

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...