HomeMedio ambiente e PatrimonioOutra situación 2 preventiva nos incendios do sur da provincia pola proximidade...

Outra situación 2 preventiva nos incendios do sur da provincia pola proximidade dun dos incendios de Vilamor a Parada dos Montes

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe. Decretada esta tarde a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal activo no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que rolda as 1.000 hectáreas segundo as últimas estimacións. Esta situación operativa de emerxencia declarouse pola proximidade do lume ao núcleo de Parada dos Montes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este incendio permanece activo desde o xoves ás 20,25 h. da tarde. No seu control traballaron ata o momento 1 técnico, 21 axentes, 27 brigadas, 22 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 7 avións e 9 helicópteros. Neste lume está participando a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no outro incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. do xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas provisionais. Ata o de agora desprazáronse á zona 6 técnicos, 21 axentes, 31 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 5 avións e 3 helicópteros. 

Así mesmo, segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo na parroquia de Seceda, tamén en Folgoso do Courel. Este lume iniciouse á 1,40 h. do venres e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 1.100 hectáreas provisionais. No lugar levan traballado un total de 19 axentes, 29 brigadas, 13 motobombas, 6 avións e 6 helicópteros. Neste lume tamén participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Pobra do Brollón

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal do concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde as 20,37 h. do xoves e afecta unha superficie provisional de 670 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 3 técnicos, 21 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 avións e 4 helicópteros.  

Segue activo desde as 21,14 h. do xoves outro incendio na Pobra do Brollón, tamén na parroquia de Saa, que segundo as últimas estimacións rolda as 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado 1 axente, 1 brigada, 1 motobomba e 1 helicóptero.  

Quiroga

Continúa activo o incendio forestal da localidade lucense de Quiroga, parroquia de Quiroga, que se iniciou ás 12,42 h. do venres e afecta unhas 90 hectáreas provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 9 axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, 2 avións e 4 helicópteros.

Permanece controlado desde as 22,25 h. de onte o incendio que se orixinara o xoves ás 20,29 h. tamén en Quiroga, parroquia de Outeiro. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 250 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 2 técnicos, 18 axentes, 16 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.

Segue controlado desde as 23,53 h. de onte outro lume en Quiroga, parroquia de Nocedo, que -segundo as últimas medicións sobre o terreo- rolda as 15 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 1 técnico, 10 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Deputación de Lugo colabora co operativo de loita contra os lumes na Pobra do Brollón e O Courel. Mantén mobilizados na zona 6 vehículos todorreo para utilizar nas tarefas nas que sexan necesarios, tanto nos traballos para sofocar as lapas, como para desaloxar a persoas que o precisen por non contar con medios propios ou ter mobilidade reducida

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...