InicioMedio ambiente e Patrimonio"Nunca vin un caos así, arde moitísima superficie en moitos frentes", Felipe...

“Nunca vin un caos así, arde moitísima superficie en moitos frentes”, Felipe Castro

O Courel segue ardendo sen control desde o pasado xoves pola noite e faino nunha situación caótica de moitos frentes abertos e unhas condicións climatolóxicas adversas. Téñense evacuado máis dunha vintena de aldeas, a preto de 500 persoas, máis de 400 efectivos traballando e máis de 5.000 hectáreas ardidas, segundo estimacións, pero é complicado saber o que se queima sen control.

Publicado o

- Advertisement -

Esta mañá o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno, José Miñones visitaban o posto de mando avanzado desde o que se xestionan estes lumes rexistrados nas comarcas de Lemos e Quiroga. Sitúase na gasoliñeira da Pobra do Bollón ao carón da N-120. O Presidente explicaba que a orixe destes lumes estaba nas tormentas secas do xoves, fenómeno inusual que descargou moitos raios e coas condicións climatolóxicas moi complicadas os lumes fixáronse grandes. A media tarde de onte e pola noite foron horas moi complicadas ao reavivarse o vento e a evolución do vento convértese en fundamental, como sinalaba Alfonso Rueda, que lembraba os esforzos que se están facendo a tódolos niveis. Utilizando todos os efectivos dispoñibles desde a Xunta.

Os veciños desaloxados transmiten tranquilidade en canto a que a súa evacuación fíxose mairitariamente de forma preventiva e a causa do fume, pero coinciden en sinalar que nunca viran un lume desta magnitude, arrasando con todo O Courel e a montaña do Lor.

As vidas humanas están seguras, pero o lume segue sen control, “non hai palabras no diccionario para definir o que está ardendo, tanto no Courel como na Pobra é bestial. Teño visto lumes moi complicados, pero este caos así nunca, arde moitísima superficie en moitos frentes, arden aldeas, casas e o que arderá se non hai un miragre”, asegura o axente ambiental, Felipe Castro, tamén veciño de Salcedo, aldea que tivo que ser desaloxada. “É tremendo, en Salcedo polos veciños que estiveron de voluntarios e agora está a salvo, pero pode reverter a situación. Hai moitos aldeas ameazadas e máis que estarán porque a cousa está desmandada e non ten visos de que se vaia a controlar nin moitísimo menos. Hai moitos frentes abertos, desde o extremo máis oeste da Pobra ata o extremo máis este de Courel está todo cheo de lumes en diferentes frentes, con diferentes focos de fume, é todo prácticamente un cordón continuo”.

Incendio Courel 2022 / Guillermo Díaz

Tanta destrución crea impotencia e frustración nos habitantes deste rural e en quen ve como se fere un territorio duns recursos naturais extraordinarios. Se estes lumes foron maioritariamente por causas naturais como se poderían ter evitado?

“Hai que comezar pola prevención. Teñen que cambiar moitísimas cousas, todo está mal. É responsabillidade política, responsabilidade dos dispositivos contra incendios e a responsabilidade de todos nós como sociedade. A ordenación do territorio ten que cambiar drásticamente, a protección das aldeas ten que cambiar drásticamente, o servizo de prevención e defensa contra incendios ten que cambiar drásticamente”, asegura Felipe.

Incendio Courel 2022 / Guillermo Díaz

Que estamos perdendo con estes incendios do Courel? “Masas forestais moitísimas, tanto masas de reforestación de pino como soutos, carballeiras… e toda a fauna silvestre que se atopou polo medio que foi moita, en canto a recursos turísticos, moitísimos tamén, recursos sociais, económicos, ambientais, recursos de todo tipo.”

Todos perdemos algo da nosa vida cos lumes, pero os incendios seguen sucendéndose ano tras ano e nada cambia. “Se non cambian as cousas, e moito teñen que cambiar, isto seguirá a máis e arderán recursos forestais e agrícolas, arderán casas e pobos enteiros, arderán animais domésticos e salvaxes, arderán explotacións gandeiras, industrias, empresas de todo tipo e si, tamén arderá xente”, advirte Felipe Castro.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...