InicioMedio ambiente e PatrimonioEvacuado o Courel de Arriba

Evacuado o Courel de Arriba

O lume non dá tregua en Folgoso do Courel e xa tiveron que evacuar outros núcleos rurais polo perigo de avance cara Pedrafita e León.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo última información que nos chega dun veciño do Courel, Adrián, evacuaron núleos rurais do coñecido como ‘Courel de Arriba’: Seoane, Mercurín, Paderne, Meiraos… Segundo nos di hai risco de que o lume suba a Pedrafita e inluso pase para Oencia, xa na provincia de León.

Adrián vive en Santa Eufemia, unha das poboacións de Folgoso do Courel que estes días sufriron tamén a violencia dos incendios, e está axudando como voluntario a combater os lumes. Dinos que Santa Eufemia foi un dos lugares onde se mandou evacuar pero el estivo este pasado luns axudando con outros voluntarios e 3 bombeiros da Xunta chegados dende o Salnés para evitar que as lapas chegasen ás casas.

“O souto que hai por enriba de Santa Eufemia e o noso traballo evitou que o lume chegara ás casas”, conta. “Controlámolo como poidemos, pero vemos que non hai efectivos”, insiste tamén.

Unha veciña do lugar, xa maior e que rexenta a cantina dixo tamén que “non lembraba incendio coma este”.

O lume nas proimidades de Santa Eufemia. Foto: Adrián.

Tamén falamos co noso colaborador, Guillermo Díaz, gran coñecedor e divulgador do Courel, pero está tan abatido polo que está acontecendo que prefire non pronunciarse, que expresará todo o que viu, ve e sente máis adiante. Agora só nos di que se laia unha vez máis de que isto xa se vía vir, que os maiores do lugar xa teñen advertido que calquera incendio que se dera no Courel ía facer moito dano… “pero non aprendemos”, di. “Non hai prevención, as pistas e cortalumes están sen limpar, faltan medios, descordinación… e esta violencia dos lumes tamén é por efecto do cambio climático”, dinos tamén.

SITUACIÓN ACTUAL SEGUNDO MEDIO RURAL

No que se refire á información da Consellería de Medio Rural, sinalar que consideran xa como xuntos os lumes da parroquia de Vilamor, en Folgoso do Courel, e os de Saa, na Pobra do Brollón. Situación 2 de emerxencia pola proximidade do lume a núcleos rurais como Parada de Montes, Carballal e Busto. A superficie afetada polos incendios calcúlase en 4.900 hectáreas. Nestas estimacións, a Consellería non inclúe aínda o risco pola proximidade do lume a núcleos rurais do ‘Courel de arriba’ camiño de Seoane e Pedrafita.

O outro lume de Folgoso do Courel, na parroquia de Seceda, tamén está en Situación 2 pola proximidade ao núcleo de Gamiz e chega ás 1.100 hectáreas afectadas.

No que se refire a Quiroga os incendios das parroquias de Quiroga e Nocedo están estabilizados e o de Outeiro camiño de estabilizarse.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...