InicioMedio ambiente e Patrimonio“Non máis piñeiros e Parque Natural xa!” demanda a serra do Courel...

“Non máis piñeiros e Parque Natural xa!” demanda a serra do Courel no CourelSon

O CourelSon volve a Paderne para reivindicarse e reivindicar que a serra sexa declarada Parque Natural, “a despoboación é o maior monstro da serra, en 20 anos pode acabar con ela. O lume podemos acabar nós con el, por favor máis piñeiros non, parque natural xa!. Pedímoslle ás administracións conservar este espazo único, que nos deixaron os antergos. Todos da man polo Courel”.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado regresaba o CourelSon e facíao co concerto do grupo Sumrrá en Paderne, despois de que esta actuación prevista para mediados de xullo en Vilamor se tivese que cancelar porque a aldea estaba ameazada polos incendios. Eses lumes que se converteron no maior incendio da historia de Galicia e a reivindicación de que O Courel segue vivo, protagonizaron dous concertos en escenarios que son símbolos nestas terras.

A aldea de Paderne en Folgoso do Courel acollía este sábado un novo concerto do CourelSon e fíxoo coas mesmas paisaxes que se contemplaban no 2018.

Nos incendios que invadiron O Courel, a veciñanza de Paderne foi desaloxada, pero o lume non supuxo aquí máis que unha ameaza. Desde a asociación de desenvolvemento rural Serra do Courel, organizadora do CourelSon, animaban á xente a acudir, porque agora si, O Courel necesita de tod@s, “Dentro de toda esta desgracia, O Courel dos soutos e das devesas aguantou as arremetidas do monstro. Agora, máis que nunca, necesitamos que veñades. Que veñades desfrutar deste Courel que resiste e veñades colaborar, como non, na recuperación do Courel que medio caeu. Coordinados, conseguiremos un Courel mellor, un Courel sen pirófitas e con paisaxes recuperadas.”

CourelSon 2022 / ABF

Na presentación de Sumrrá, o presidente da asociación aseguraba que era un día especial por poder gozar da música deixando atrás o monstro dos incendios, pero falou dun monstro aínda maior, o despoboamento, “a despoboación é o maior monstro da serra, en 20 anos pode acabar con ela. O lume podemos acabar nós con el, por favor máis piñeiros non, parque natural xa!. Pedímoslle ás administracións conservar este espazo único, que nos deixaron os antergos. Todos da man polo Courel”

O concerto nese escenario perfecto da aira de Paderne reuniu a numesos asistentes que pudieron gozar dun entorno único condimentando con produtos da serra para comer e beber.

No concerto do Busto pediuse cambio de política forestal

Un día antes, o venres, celebrábase outro concerto con reivindicacións similares, neste caso no Busto, no concello da Pobra do Brollón, promovido polo restaurante A Mesa dos Catro Cabaleiros. Aquí tamén había organizado un concerto do grupo Caldo que tivo que ser adiado debido ao incendio forestal e que se recuperaba este venres. Neste caso nunha contorna que si viu o lume preto, na parroquia de Saa.

Incendio próximo a O Busto / ABF

En resposta ao devastador incendio, este primeiro evento municipal despois da vaga de lumes foi precedido dun acto en defensa do “noso monte”, no que o rexedor local, Xosé Lois Maceda, desexou no futuro poder desenvolver unha nova actividade na que participe máis xente, “despois de deixar pasar estes momentos de dor que viven moitos dos nosos conveciños, debemos de ser reivindicativos. Este incendio ten que servir para que isto se convirta nun antes e un despois ao respecto da política forestal, alomenos no noso concello. Unha política forestal que sempre mirou para Ence e creo que hai que darlle un cambio nalgún momento.”

No acto do Busto tamén se leu o poema que Olga Novo, poeta da Pobra do Brollón, escribiu coa vaga de lumes.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...