HomeMedio ambiente e PatrimonioO BNG de Pantón presiona ao PP para que tome medidas na...

O BNG de Pantón presiona ao PP para que tome medidas na prevención dos incendios

Os nacionalistas botan en falta unha política seria na xestión do territorio e na planificación

Publicado o

- Advertisement -

O pasado domingo declarábase un incendio con moita perigosidade e varios focos na parroquia de Santiago de Cangas, en Pantón, co agravante de estar moi preto das casas. Nas declaracións do goberno municipal ‘parece ser que o feito de ser provocado evita todo tipo de cuestionamento’, din os nacionalistas nun comunicado.

Se ben, reiteran a condena rotunda contra estes desalmados que poñen en perigo vidas humanas e o propio territorio, cren que ‘os lumes deben ser apagados no inverno, e é competencia de todos nós facermos pedagoxía, mais tamén cómpre unha xestión e ordenación do territorio que esixe unha planificación que non existe no concello de Pantón’, lembran dende o BNG.

Ante isto, o BNG explica que instará ao Partido Popular a asumir medidas de prevención e a levar a cabo unha política seria de xestión do territorio. “Unha mostra do desleixo e da falta de planificación en Pantón é que en todo o concello (129 km cadrados) só existe un punto hidrante para a recarga de auga. Así no incendio do pasado domingo o tempo de ida e volta a este punto retrasou moito o tempo de extinción”, expón o partido.

O viceportavoz do BNG no concello de Pantón, Roi López, confesa que os actuais lumes se propagan moi rápido e que iso complica as labores de extinción. Con todo, recalca que “estas son as consecuencias de décadas de políticas de desmantelamento do medio rural”. “Hai que planificar”, sentenza o viceportavoz.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...