HomeMedio ambiente e PatrimonioFolión das Fachas de Vilelos este 23 de setembro

Folión das Fachas de Vilelos este 23 de setembro

Vilelos é, xunto a Castelo, en Taboada, e Castro Caldelas, en Ourense, un dos poucos lugares de Galicia onde se conserva esta manifestación cultural, explican desde a organización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A parroquia de San Martiño de Vilelos, no Saviñao, celebra o 23 de setembro unha nova edición do Folión das Fachas de Vilelos, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos mantén viva unha tradición ligada nas súas orixes – castrexas- á celebración das colleitas e que chegou á actualidade como un anuncio do inicio das festas da parroquia. O Folión das Fachas celébrase na véspera. Coas fachas de agucios prendidas e con acompañamento musical, os veciños e veciñas suben en procesión desde a aldea ata a cima do castro da Besta, onde o ritual de lume e música pode ser albiscado desde as parroquias veciñas.

A noite iniciarase cunha pancetada popular ás 21.00 horas, que reunirá á veciñanza na Besta. O Folión comezará ás 00.00 horas, co prendido das fachas que alumearán a subida e a volta ao redor do castro, co acompañamento dos músicos da Asociación Cultural Fiadeira de Antas de Ulla. Á volta, a festa continuará cunha actuación de Comando Curuxás.

O deputado, Efrén Castro, que se achegou A Besta para a presentación do evento, puxo en valor “a implicación da veciñanza para dar continuidade a esta tradición, que xenera un orgullo e un sentido de pertenza moi importante á hora de crear comunidade no rural” e sinalou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo, que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...