HomeMedio ambiente e Patrimonio'Camiños e Cantares nos eidos da bremanza', este 24 de setembro en...

‘Camiños e Cantares nos eidos da bremanza’, este 24 de setembro en Triacastela

O acto está organizado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), e conta co apoio do Xacobeo 21-22. Unha lembranza a Fiz Vergara Vilariño e á viaxe de Álvaro Cunqueiro do Cebreiro a Compostela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 24 de setembro, a partir das 17:00 horas, celebrarase na Igrexa de Triacastela a terceira xornada do programa “Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza: Unha Peregrinación Literaria, cantada e falada”, organizado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), co apoio do Xacobeo 21-22, en conmemoración do 25 aniversario do pasamento do poeta, Fiz Vergara Vilariño (Santalla de Lóuzara, 15/4/1953 – 18/7/1997) e 60 aniversario da viaxe do periodista e escritor Álvaro Cunqueiro, do Cebreiro a Santiago de Compostela.

No marco deste programa xa se desenvolveron sesións no Cebreiro e tamén no Concello de Samos. Agora tócalle a Triacastela e o vindeiro sábado, día 1 de outubro, cerrarase en Sarria, cun acto na sociedade A Unión, a partir das 12:00 horas.

PROGRAMACIÓN

Fálame ti, vello muíño,

meu bon albeiro proletario,

cobillo de amores á beira da fonte…

Dime se a miña saudade pode medirse en celamís,

ou se compren, tal vez, ferrados enteiros,

ou se, polo contrario, se necesitan fanegas ás picaroladas.

Fiz Vergara Vilariño

ÚLTIMAS

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...