HomeMedio ambiente e PatrimonioCarpa informativa sobre compostaxe doméstica este sábado no Incio

Carpa informativa sobre compostaxe doméstica este sábado no Incio

O Concello do Incio colocará este sábado, 22 de outubro, na Praza de España, de 11:00 a 13:00 horas, unha carpa informativa coa fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica se poidan informar e inscribir.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña está ideada para a participación de 40 vivendas pertencentes ao termo municipal que recibirán un composteiro de forma totalmente gratuíta.

Dende o Concello anímase a veciños e veciñas á súa participación, para entre todos, colaborar por un Concello limpo e respectuoso co medio ambiente.  Os interesados poderán inscribirse ben na propia carpa, ben nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica, a partir do 22 de outubro ata fin de existencias.

Esta iniciativa desenvolvese en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, e complementa a outras iniciativas desta índole desenvolvidas polo ente municipal.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...