InicioMedio ambiente e Patrimonio4,4 millóns de euros no 2023 para os polígonos forestais e aldeas...

4,4 millóns de euros no 2023 para os polígonos forestais e aldeas modelo

Na provincia xa están aprobadas e rematadas as aldeas de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón (de 15,55 hectáreas) e Trascastro, no concello do Inicio (14 ha de superficie). Tamén están aprobadas a de Moreda, en Folgoso do Courel (38,86 hectáreas); Bustelo de Fisteus, no concello de Quiroga (12,68 hectáreas) e Francos de Proendos, no municipio de Sober (12,87 hectáreas).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitaba Paradela a pasada semana para coñecer a delimitación de tres posibles polígonos agroforestais neste municipio. O titular de Medio Rural indicou que dous deles abarcarían unha superficie total de 152 hectáreas enmarcada dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra. Un deles estaría localizado nas parroquias de Loio e As Cortes (80 ha) e o segundo nas parroquias de San Martiño de Castro e San Facundo de Ribas do Miño (72 ha).

A delimitación destes posibles polígonos contemplan parte de viñedo pero tamén parcelas con prados, cultivos agrícolas e frondosas autóctonas caducifolias. Polo tanto, asegurou o Conselleiro, a súa posta en marcha conlevaría unha importante dinamización económica do seu entorno.

José González sinalou que o terceiro polígono situaríase na parroquia de Castro e abarcaría unha superficie de 55 hectáreas para a recuperación e revalorización de frondosas caducifolias, concretamente de soutos de castiñeiros. Neste senso, advertiu que se está estudando con maior detalle a propiedade destes terreos para así poder decidir se é mais axeitado desenvolver un polígono agroforestal ou unha agrupación de xestión conxunta.

O conselleiro do Medio Rural sinalou que en toda Galicia hai un total de 21 polígonos agroforestais xa iniciados, cunha superficie próxima ás 8.800 hectáreas. José González indicou que estas iniciativas póñense en marcha en aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, co fin de recuperar grandes espazos produtivos segundo o tipo de cultivo máis acaído ou de maior tradición en cada zona.

O obxectivo destas iniciativas, tal como detallou González, é dinamizar o territorio e xerar actividade económica. Isto, para facilitar que siga sendo posible vivir no e do rural e para anticiparse aos lumes, evitando que se rexistren ou, en todo caso, para minorar o seus efectos, salientou o conselleiro.

Ademais dos polígonos, a Xunta aposta, no marco da devandita lei, por outra figura para recuperar e valorizar a terra agraria: a aldea modelo, que pretende recuperar as contornas de núcleos de poboación. Así, lembrou que xa son 21 as declaradas en Galicia e que supoñen a mobilización de 574 hectáreas de superficie.

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...