HomeMedio ambiente e PatrimonioBóveda pon en marcha a campaña de compostaxe doméstica

Bóveda pon en marcha a campaña de compostaxe doméstica

O Concello de Bóveda instalou este luns na Praza do Concello, de 10:30 a 13:00 horas, unha carpa informativa a fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica puideran informarse e inscribirse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña está ideada para a participación de 50 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro, que recibirán de forma totalmente gratuíta.

A carpa estará instalada de novo na Feira en Rubián o día 14 de novembro.

As persoas interesadas en formar parte deste proxecto poden anotarse no Concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...