HomeMedio ambiente e PatrimonioXa se coñecen as fotos gañadoras do certame fotográfico de Segredos de...

Xa se coñecen as fotos gañadoras do certame fotográfico de Segredos de Pantón

A asociación convocante, no Concello de Pantón, vén de fallar os premios. Na edición deste ano participaron 270 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na edición deste ano do ‘V Concurso fotográfico de Nadal’ que organiza a entidade Segredos de Pantón tivo unha participación de 270 persoas, feito que enche de satisfacción aos convocantes.

Tras uns 6 días de votacións, o pasado 7 de xaneiro trasladáronnos o fallo dando a coñecer os 3 primeiros premios ás fotografías que máis votos levaron na plataforma Doodle.

1º Premio: “Atardecer”. Foto que levou 75 votos e na que sae O Castro de Ferreira (Santa María de Ferreira). Autor:  Alfonso Méndez Meilán.


2º Premio: “O regato de Galegos” con 74 votos. Foto realizada en Galegos (San Vicente de Castillón). Autora: María Ángeles Parga Vázquez.

2º Premio, “O regato de Galegos”. Autora: Mª Ángeles Parga.


3º Premio: “Outonal”, instantánea que obtivo 63 votos. Rigueiriña (Santiago de Castillón). Autora: Laura García Maceda.

3º Premio, “Outonal”. Autora: Laura García.


Dende a asociación trasladan os parabéns a todas e todos os participantes e nestes días poñeranse en contacto coas persoas afortunadas.

Os premios para as/os tres gañadores/as foron informados/as nunha publicación anterior en Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...