InicioTerra de LemosPantónV Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

V Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

O colectivo pantonés convida a participar nesta actividade que se vai consolidando cos anos e que ofrece uns premios moi interesantes doados por empresas locais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Segredos de Pantón teñen unha axenda de actividades moi completa. Unha delas, con moito éxito por certo, é o certame fotográfico no que buscan premiar as mellores instantáneas que retraten paisaxes outonoais e invernais do Concello de Pantón.

As fotografías a concurso poderán mandarse ata o 31 de decembro, para a continuación abrirse un prazo de votación ata o 6 de xaneiro.

BASES COMPLETAS DO CONCURSO

1. TEMÁTICA

As fotografías deben reflectir paisaxes outonais e invernais de Pantón exclusivamente.

2. PARTICIPANTES

Calquera persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.

3. OBRAS E TEMÁTICA

Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor que deberá ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. De non ser así quedaría automaticamente descualificada ao sabelo e poderá retirárselle o premio de telo conseguilo.

A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.

4. PRESENTACIÓN

As obras poderán enviarse por whatsapp (662 669 223) ou po correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com

Cómpre indicar o nome da fotografía, o lugar e o nome da parroquia onde foi tomada.

6. PRAZO

O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 1 de decembro e rematará o 31 deste mesmo mes (2022). O día 6 de xaneiro de 2023 ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.

7. XURADO

O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen elas poidan votar.

Así igualmente tódalas imaxes serán subidas ao álbum “V Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón”. As 3 instantáneas con máis votos serán as agraciadas. De darse un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón os que desempatarán.

8. PREMIOS

1º PREMIO: Cesta con: Estancia e experiencia agroturística en “Fogar do Pumar”, 1 paseo en zodiac para 2 pers. de “Turismo Pantón”, 2 botes de mel do “Noso Mel”, unha mochila de pic-nic de “Arribeirados”, 1 lote de produtos de “Casa da Fonte”, 1 pixama de “Rosal Moda” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”, un vale de 50€ para “La Moderna”, un lote de decoracións artesanais de “Felt Decor”, 1 bote de mel “O Garuleiro” e 2 botellas de “Adega Sernande”.

2º PREMIO: Cesta con: Unha noite para 2 persoas con almorzo na “Rectoral de Castillón”, un bote de marmelada e unha salsa picante de “Tutta Fruta”, unhas luvas de “Rosal Moda”, 1 botella de “Alma das Donas”, 1 botella de “Adega Sernande”, unha carteira de “Asesoría O Castro”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, un vale para un xogo para 6 persoas en “El secreto del monje”, 1 bote de mel de “Ouro das Obreiras” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”.

3º PREMIO: Cesta con: Unha estancia para dúas persoas no “Ecolagar O Barqueiro”, unha mochila de algodón de “Teresa Lamela”, 1 lote de produtos de cosmética natural de “O fogar dos soños”, un paraugas e unha bufanda de “Rosal Moda”, 1 botella de “Alma das Donas”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, 1 libro de “Estudio Gnomo”, un lote de produtos de Pantón (viño, embutidos, doces e zumes) de “Xestogal SCG”, 1 bote de mel de “Ouro das Obreiras” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”.

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...