HomeMedio ambiente e PatrimonioO Consorcio de Turismo Ribeira Sacra presentará un 'Manual de Boas Prácticas...

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra presentará un ‘Manual de Boas Prácticas para Visitantes’ en FITUR

Esta importante Feira Internacional de Turismo dará comezo en Madrid o vindeiro 18 de xaneiro. Como é habitual en cada edición, este organismo estará presente durante as tres xornadas de apertura ao público profesional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra estará presente en FITUR 2023 a vindeira semana, do 18 ao 21 de xaneiro co obxectivo de dar a coñecer as súas iniciativas máis salientables e manter encontros con diferentes axentes do sector.

O acto central do xeodestino en FITUR será a presentación do Manual de Boas Prácticas sostibles para visitantes de Ribeira Sacra, unha serie de recomendacións que procuran a concienciación no respecto aos recursos naturais e culturais, aos veciños e traballadores e a todos os elementos que conforman o destino, coa aposta firme de manter intacta a nosa esencia e fomentar un turismo sostible entre os nosos visitantes.

Manual de Boas Prácticas será presentado nun formato moi visual e atrativo para o público presente, distribuído ao público en mostradores e dispoñible en oficinas de turismo para os visitantes. A edición deste manual é unha das actuacións que se enmarcan na segunda anualidade do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, plan que se atopa cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e co que colaboran as Deputacións Provinciais de Lugo e Ourense.

Algúns exemplos de iniciativas e proxectos de éxito presentados por este organismo no marco de FITUR son: os xogos de escape “Búskalo en Ribeira Sacra”, o “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra” (voos en globo), a webapp de incidencias turísticas, “Un toque de cor en Ribeira Sacra” ou a nova Guía Turística do xeodestino (sen precedentes entre as guías turísticas), entre outros.

PRESENTACIÓN DO MANUAL E OUTRAS ACCIÓNS A DESENVOLVER EN FITUR

acto de presentación do Manual de Boas Prácticas será conducido por Luis Fernández Guitián, Presidente do Consorcio de Turismo, e terá lugar o vindeiro mércores, 18 de xaneiro, ás 17:45 horas, no stand de Galicia (Pavillón 9. Parcelas 9C07/9C09). Está confirmada a participación de Dna. Mª Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia de Turismo de Galicia.

A axenda dos representantes do Consorcio estenderase durante os tres días que dura a Feira Internacional de Turismo. Nesas xornadas o obxectivo é tamén manter reunións institucionais con distintos medios e empresas do sector, encontros que permitan promover o xeodestino dando a coñecer os seus atractivos e a liña de traballo caracterizada pola vangarda, a mellora continúa e a sostibilidade.

BALANCE DE OCUPACIÓN EN DECEMBRO DE 2022

Segundo datos que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, os aloxamentos deste xeodestino remataronn o mes de decembro cun 32% de ocupación media, que desagregado por categorías quedaría como segue:

  • Hoteis 4 e 3*: 46%
  • Turismo Rural: 20%
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 23%
  • Outros aloxamentos: 39%

A primeira semana do ano (“Macroponte” da Constitución) pechouse cun 58% de ocupación media, conseguindo os hoteis, en todas as súas categorías, alcanzar unha cifra promedio dun 70%.

A media de ocupación durante as fins de semana de decembro situouse nun 50%, mentres que a ocupación durante os días laborais mantívose por debaixo do 31% en todas as categorías, agás nos hoteis de 4 e 3 estrelas, onde case conseguen completar a metade das prazas ofertadas.

Unha parte importante dos aloxamentos de Ribeira Sacra pecharon tempada unha vez rematada a Ponte da Constitución mentres outros decidiron facer un pequeno parón tras pasar as datas festivas do Nadal, aproveitando para descanso do persoal ou poñer a punto os seus negocios de cara a tempada que vén. Nestes casos, os establecementos volverán a abrir as súas portas, previsiblemente, entre febreiro e Semana Santa.

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...