HomeMedio ambiente e Patrimonio50 persoas aprenden sobre o glaciarismo nas montañas do Courel

50 persoas aprenden sobre o glaciarismo nas montañas do Courel

A Casa Consistorial de Folgoso do Courel acolle este venres 19 de outubro ás 18.30, a inauguración das xornadas "As pegadas do glaciarismo nas Montañas do Courel" que organiza o GDR RIbeira Sacra-Courel.

Publicado o

A actividade, que pretende servir de apoio á candidatura Courel Mountains Unesco Global Geopark Project, está dentro da liña de actuacións do programa Leader sobre a  promoción e difusión dos recursos do territorio, neste caso centrada no Glaciarismo nas Montañas do Courel.
O aforo, limitado a 50 persoas completouse na súa totalidade, o que amosa, segundo a organización, o interese da poboación en profundizar no coñecemento dos recursos naturais e singulares cos que conta o territorio Ribeira Sacra Courel.
O programa recolle ás 20.00 h. unha conferencia de Marc Oliva do departamento de xeografía da Universidade de Barcelona  sobre Serra Nevada, como os glaciares máis meridionais de Europa. Ás 21.00 h. presentarase “Glaciarismo e periglaciarismo das montañas do Courel” de Augusto Pérez Alberti, profesor Ad honorem da USC. A publicación correu por conta do GDR Ribeira Sacra Courel. O sábado 20 completaranse as xornadas cunha saída de campo para visitar as zonas glaciares das montañas protagonistas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...