HomeMedio ambiente e PatrimonioSogama inviste 1 millón de euros para dotar á planta de Monforte...

Sogama inviste 1 millón de euros para dotar á planta de Monforte dunha liña de transferencia para a materia orgánica

Sogama inviste 1 millón de euros para dotar á planta de Monforte de Lemos cunha liña de transferencia para a materia orgánica, que se recollerá de forma diferenciada a través do contedor marrón que os concellos deberán implantar antes do próximo 31 de decembro, conforme á normativa europea.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente da empresa pública, Javier Domínguez, expuxeron ante os alcaldes e portavoces locais dos municipios que utilizan e utilizarán estas instalacións, as novidades do servizo.

Os concellos adscritos a esta instalación xa remiten os residuos correspondentes aos contedores amarelo (envases de plástico, latas e briks) e xenérico (resto ou non reciclable); coa ampliación para os restos orgánicos evitaranse os desprazamentos a outras instalacións, o que suporá un aforro económico para arcas municipais e a redución de emisións contaminantes.

Unha vez reformada, a planta poderá transvasar a materia orgánica procedente dun total de 18 municipios que aglutinan unha poboación de 53.593 habitantes. Está previsto que poida entrar en servizo a mediados do vindeiro ano.

Aproveitando esta obra, Sogama executará unha serie de melloras que permitirán que a instalación gañe en eficiencia e prestacións. Entre elas figuran a substitución do  pavimento da plataforma de manobras para transporte, con base de material aglomerado, por un novo con formigón armado, achegando maior resistencia ao uso previsto. Tamén se adecuará a superficie de rodadura das vías de circulación da planta cun paquete de pavimento de mellores características construtivas e repararase o aparcadoiro de contedores actual a fin de mellorar o acceso para os camións de transporte.

A fin de axudar aos concellos, que son os que teñen as competencias en materia de residuos, a que dean debido cumprimento ás súas obrigacións legais, a Xunta de Galicia deseñou e impulsou no seu momento unha rede de infraestruturas para a valorización da materia orgánica mediante a súa transformación en compost, integrada por catro plantas de biorresiduos e 13 de transferencia.

Esta rede conta cun investimento de 40 millóns de euros e está cofinanciada, con 30 millóns, con Fondos FEDER REACT-EU como resposta da Unión Europea á crise do COVID-19.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...