HomeMedio ambiente e PatrimonioRoteiro organizado por Segredos de Pantón

Roteiro organizado por Segredos de Pantón

A andaina, baixo o título "Coñecendo o noso val de Lemos", será o vindeiro domingo 21 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro domingo 21 de maio ás 16:00 horas, o colectivo Segredos de Pantón ten programada unha nova andaina polas súas terras.

No roteiro que deseñaron para esta ocasión poderá verse a contorna do val de Lemos dende o Concello de Pantón. “Tamén se visitará o muíño dos Eireos, a igrexa de San Mamede de Mañente, o monte da Picota, uns antigos muíños no río Carabelos, os pasares do Paso do Salgueiro e moitas máis sorpresas”, comenta Lucas Vázquez, presidente da asociación.

O prezo da actividade é de 2 euros por persoa, o percorrido duns 9 quilómetros e hai dispoñibles 30 prazas, previa inscrición. Dende a organización recomendan levar pantalón longo, bebida e algo de comida para facer a camiñada máis levadeira.

INSCRICIÓNS

Por correo: segredosdepanton@gmail.com

Tlf: 662 669 223 (Lucas Vázquez).

Por: Instagram ou Facebook.

ÚLTIMAS

Condenadas a dous anos de cárcere a exconcelleira de Láncara Begoña López e o seu pai por estafa e falsidade

A Audiencia Provincial de Lugo condenou á exconcelleira socialista de Láncara Begoña López e...

Pedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

A xornada comezou ás doce e media da mañá en Seoane do Courel, onde...

163 deportistas participaron en Pantón nos Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

O pasado sábado 16 de maio o campo municipal de O Baliño en Ferreira...

O 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas afogados

Náufragos do Paradiso, anunciaba en agosto do 2023 na súa sede da Rúa Roberto...