HomeMedio ambiente e PatrimonioXIII Feira de Artesanía e Produtos da Terra o 3 de setembro...

XIII Feira de Artesanía e Produtos da Terra o 3 de setembro no Incio

O concello do Incio celebra este domingo a XIII Feira de Artesanía e Produtos da Terra, que contará por vez primeira con postos e obradoiros de Artesanía de Galicia. Ademais dos produtores locais, haberá 10 postos de Artesanía de Galicia e dous obradoiros abertos a quen queira participar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa desta edición recolle ás 11:00 horas a apertura dos expositores na Praza de España e nos arredores do Concello do Incio. A esa mesma hora darán comezo os obradoiros de artesanía, que serán de balde para quen queira participar. Son obradoiros participativos para público adulto e infantil coa fin de achegar aos seus visitantes o saber facer dos profesionais do sector artesán galego e contribuír á difusión do valor engadido dos produtos artesanais. Estarán abertos en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas:

  • Obradoiro de Cianotipias, impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera. Procedemento fotográfico no que empregando papel de acuarela e un produto químico sensible á luz, este exponse directamente ao sol usando negativos de fotografía ou obxectos diversos, obtendo finalmente unha imaxe en azul prusian.
  • Obradoiro de Shitotaku, impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera. Técnica tradicional xaponesa de estampaxe artesá na que se fica o recordo de obxectos tridimensionais a través da súa pegada e no que se empregan elementos da natureza.

Xa ás 12:00 horas haberá un pasarrúas a cargo dun grupo tradicional. Ás 17:30 horas dará comezo a actuación da Charanga Ardores. Para ás 20:00 horas facer o peche dos expositores e ás 20:15 horas degustación de isco no guizo.

Os postos de Artesanía de Galicia que participan desta edición son: LUCIÉRNAGA, MARÍA JUL, TONY ARTESÁN, PÉNDULO, ARLEQUINA DISEÑO, ZELTIA AO AIRE, INGENYART, BISUTETOKA, RIOMAO ESTUDIO CREATIVO (NOEL PÉREZ), ENTELAPIEL.

ÚLTIMAS

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...