InicioMedio ambiente e PatrimonioEste 22 de setembro Vilelos, no Saviñao, celebra o Folión das Fachas

Este 22 de setembro Vilelos, no Saviñao, celebra o Folión das Fachas

Vilelos é, xunto a Castelo, en Taboada, e Castro Caldelas, en Ourense, un dos poucos lugares de Galicia onde se conserva esta manifestación cultural, explican desde a organización, na que participan diferentes xeneracións de veciños e veciñas da parroquia e na que destaca o impulso das máis novas, “moi orgullosas” da tradición herdada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A parroquia de San Martiño de Vilelos, no Saviñao, celebra este 22 de setembro, unha nova edición do Folión das Fachas de Vilelos, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos mantén viva unha tradición ligada nas súas orixes á celebración das colleitas e que chegou á actualidade como un anuncio do inicio das festas da parroquia. Coas fachas de agucios prendidas e con acompañamento musical, os veciños e veciñas suben en procesión desde a aldea ata a cima do castro da Besta, onde o ritual de lume e música pode ser albiscado desde as parroquias veciñas.

A noite iniciarase cunha pancetada popular ás 21.00 horas, que reunirá á veciñanza na Besta. O Folión comezará ás 00.00 horas, co prendido das fachas que alumearán a subida e a volta ao castro. A festa continuará cunha actuación de Xerezade.

A deputada, Iria Castro, destacou “a implicación da veciñanza para dar continuidade a esta tradición, que xenera un orgullo e un sentido de pertenza moi importante á hora de crear comunidade no rural” e lembrou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo, que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.

ÚLTIMAS

“Case todo o que pisamos na montaña é comestible ou medicinal”, Carolina Martínez, divulgadora de plantas silvestres

Carolina Martínez González naceu en Barcelona, é neta de inmigrantes galegos e hai 9...

Prisión provisional para un home que rompeu o nariz á súa parella e deixou na UCI ao dono dun bar en Samos

O Xulgado de Sarria decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza...

Investigado un veciño de Monforte que roubou un coche e que era buscado polos xulgados de Coslada

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño, de 38 anos,...

Chantada quere Sanidade concéntrase o 2 de decembro ás 13:00h diante do centro de saúde

Aseguran desde a plataforma que se a situación se estaba deteriorando dende hai anos,...