HomeMedio ambiente e PatrimonioA Ribeira Sacra, un atractivo tamén para vivir o outono

A Ribeira Sacra, un atractivo tamén para vivir o outono

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de abrir a convocatoria para anotarse nas diferentes actividades que organiza baixo a campaña "A caída da folla na Ribeira Sacra. Somos de outono".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O xeodestino Ribeira Sacra está consolidando a súa oferta turística ao longo do ano, e con este obxectivo de desestacionalización promove dende hai tempo a visita a este territorio con atractivas propostas para vivir o outono.

O pasado 12 de outubro abriron a convocatoria para participar no programa “A caída da folla na Ribeira Sacra. Somos de outono” que pretende ser un escaparate dalgunhas das actividades que se poden realizar en outobro e novembro na Ribeira Sacra con paraxes clásicas, algunhas menos coñecidas e outras que se unen tras a incorporación de novos concellos ao xeodestino.

Dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra convidan a ver a súa páxina web para coñecer as diferentes actividades programadas e facer as oportunas reservas. En función da demanda e das condicións metereolóxicas, informan que se poderá reforzar o abano de propostas.

O programa está patrocinado polo Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra. Unha das partidas do mesmo estaba reservada a actuacións de promoción para varios concellos da entidade e para os recén incorporados que xa formaban parte do BIC no momento da sinatura do convenio: Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...