HomeMedio ambiente e PatrimonioDoazóns veciñais fan posible a restauración do retablo dunha capela

Doazóns veciñais fan posible a restauración do retablo dunha capela

Os traballos realízanse na Capela dos Remedios, na parroquia de Santa María de Quintá de Lor, no Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Toda capela ten un valor, alén do relixioso, que a converte nun lugar destacado en cada aldea e parroquia. E teno, xa sexa como lugar de culto, aínda que sexa fixo discontinuo, xa sexa como elemento patrimonial do que presumir.

Na parroquia quiroguesa de Santa María de Quintá de Lor hai unha capela que, ademais do anterior, ofrece outro valor engadido para outorgarlle protección. Sobreviviu ao lume de 2021 que chegou a terras do Lor despois de saltar o río dende Ribas de Sil. As lapas chegaron a poucos metros da devandita capela, a Capela dos Remedios.

E aínda que a capela non ten actividade habitual, só se oficia nela nas festas do 8 e 9 de setembro, a veciñanza non quere deixala abandonar e decidiu acometer a restauración do seu retablo.

Parte do retablo da Capela dos Remedios. Foto: Jesús Río R.
Pezas do retablo. Foto: Jesús Río R.

O cura do lugar, Jesús Río Ramilo, deu a coñecer esta obra salientando, por unha banda, a importancia de manter en pé este tipo de edificios relixiosos, e por outra, o valor da colaboración veciñal que fixo posible reunir os 4.700 € máis ive que custará a restauración. Outra colaboración que agradece o párroco é a cesión dunha estada por parte da empresa local quiroguesa Excavaciones Goni.

A restauradora é Mª Teresa López, que xa desmontou o retablo e o levou ao seu obradoiro para realizar os traballos.

ÚLTIMAS

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...