HomeMedio ambiente e PatrimonioO Museo Pazo de Tor recibiu 6.300 visitas no pasado ano

O Museo Pazo de Tor recibiu 6.300 visitas no pasado ano

Máis de 67.500 persoas visitaron a Rede Museística Provincial en 2023 nos seus 4 museos; Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor e Museo Provincial de Lugo que foi o máis visitado con 37.600 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos recollidos, o 45% dos visitantes dos centros xestionados pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo chegaron desde distintos puntos de Galicia, mentras outro 45% procedían doutros puntos do Estado, maioritariamente de Madrid, Castela León e Andalucía.

As visitas internacionais supuxeron o 10% das persoas que se achegaron aos museos provinciais, destacando na listaxe de países de procedencia Estados Unidos, Reino Unido, Portugal, Alemaña, Arxentina ou Italia.

A deputada de cultura, Iria Castro, celebra estas cifras que supoñen un aumento de máis do 5% con respecto a 2022, cando se rexistraran 63.650 visitas, e valora o traballo do persoal dos museos “na conservación, estudo e promoción do patrimonio, cunha destacada actividade expositiva, centrada na arte galega contemporánea, e unha ampla axenda de actividades dirixidas a recoller e integrar a memoria de persoas anónimas na museoloxía, a través dun contacto estreito con distintos colectivos sociais”.

Historia do Futuro no Museo Pazo de Tor / ABF

No Museo Pazo de Tor segue aberta a exposición temporal Historia do Futuro, ademais este pazo do século XVIII conserva os modos de vida da época e ofrece novos espazos expositivos como Soterradas, a Casa da Soga e Vida tralos Labirintos Mentais. O Museo Pazo de Tor ofrece visitas guiadas gratuítas sempre con cita previa ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00.

Vida tralos Labirintos Mentais no Pazo de Tor

Neste 2024, a Rede Museística Provincial acollerá do 3 ao 5 de xullo as Xornadas Internacionais sobre museos e educación, na que se exporán experiencias para a difusión de patrimonio e cumprimento dos dereitos culturais desenvolvidas nunha decena de museos do Estado entre os que figuran o Museo do Prado, o Museo Arqueolóxico ou o Museo de Altamira, o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Pontevedra.

No encontro, con sede compartida entre os catro museos provinciais, daranse a coñecer materiais e estudos que se están a desenvolver nestes meses por parte dunha ampla rede de  investigadores universitarios, profesorado de secundaria e xestoras de museos e que teñen como obxectivo  promover mudanzas no enfoque da educación histórica con novas narrativas creadas a partir do patrimonio dos distintos museos.

Talleres de expresión corporal, Museos e saúde / RMPL

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...