InicioMedio ambiente e PatrimonioMonforte comeza o cubeo para a recollida de lixo orgánico o 22...

Monforte comeza o cubeo para a recollida de lixo orgánico o 22 de xaneiro

Este plan, que conta cun orzamento inicial que supera os 337.000 euros, ten dúas liñas de actuación, unha que achega unha solución para a zona urbana e outra, que contempla un servizo para todas as vivendas que contan con parcelas e hortas, tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte continúa implantando a recollida do lixo orgánico iniciada no pasado ano 2023, a través do Plan municipal de xestión dos residuos de orixe orgánica, co obxectivo de facilitar ós veciños de Monforte a axeitada reciclaxe deste tipo de residuos.

O alcalde recorda, “empezamos no pasado ano 2023, polo rural, despois na zona periurbana, na periferia de Monforte, e tamén cos grandes produtores. E na zona urbana, empezamos implantado este cubeo a partir do luns, 22 de xaneiro”.

O cubeo desenvolverase en 2 zonas de recollida, colocando os cubos de cor marrón xunto co resto de cubos para a recollida de lixo non orgánico:

  • A Zona 1, que comprende o sur da cidade, engloba as rúas Chantada, Veguiña, Ourense, Covas, Avenida de Galicia, Francisco Moure, Celso Emilio Ferreiro, Sarria, Reboredo, Duquesa, Carude, Compañía e Roberto Baamonde. A recollida farase luns, mércores e venres, dando comezo o luns 22 de xaneiro.
  • A Zona 2 abarca a zona norte-noroeste da cidade, concretamente o Casco Histórico, Campo de San Antonio, Barrios do Hospital e da Estación, Valle Inclán, Eduardo Pondal, Malvarón, Benito Vicetto, Estrela e Muiños de Antero. A recollida será martes, xoves e sábado, dando comezo o martes 23 de xaneiro.

Haberá recollida toda a semana menos os domingos. A previsión inicial é colocar aproximadamente uns 265 contedores marróns cada día. Son cubos de 100 litros, e o Concello conta cun total de 660 unidades para esta parte do servizo, que teñen unha partida orzamentaria de 21.721,92€.

Ós veciños interesados en participar neste programa, ademais da chave para poder facer uso dos contedores da zona periurbana, o Concello tamén lles proporcionará un folleto informativo coas claves para facer axeitadamente a separación deste tipo de residuos, e un caldeiro de 40 litros para que leven a cabo esa recollida nas súas casas, e o correspondente traslado dos residuos ata o contedor habilitado.

Carpas informativas

Co obxectivo de seguir informando á cidadanía sobre os detalles desta Plan de recollida dos residuos orgánicos, ó igual que se fixo no ano 2023, o Concello volverá a ubicar, durante a vindeira semana carpas informativas, dende o luns 22 ó mércores 24 en distintos puntos da cidade:

  • O luns 22 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 h na Rúa Cardeal e de 15:30 a 18:30 h na entrada do Parque dos Condes.
  • O martes 23, de 10:30 a 13:30 h na Rúa Doutor Casares con rúa San Pedro, e 15:30 a 18:30 h no cruce da rúa Florida con rúa Calvo Sotelo.
  • E o mércores 24, de 10:30 a 13:30 h e de 15:30 a 18:30 h no aparcadoiro da área comercial rúa Chantada.

O material para a separación deste residuo, tamén se pode solicitar á través do formulario específico colgado na web www.monfortedelemos.es, chamando ó 982 402 501 e tamén se pode recoller na propia Casa do Concello en horario de 9 a 14 h. O Concello conta con 2.500 caldeiros de 40 litros, para repartir entre os cidadáns interesados neste Plan.

O alcalde recorda que neste colector poden depositarse restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, restos de café e infusións, papel de cociña, restos de plantas, tapóns de cortiza, etc.

ÚLTIMAS

Jonas Vingegaard, gañador da segunda etapa de ‘O Gran Camiño’

Corredores de once dos mellores equipos internacionais, con figuras como Jonas Vingegaard, Egán Bernal,...

Velada literaria con Pedro Feijoo este 24 de febreiro no restaurante Trespés de Monforte

O escritor charlará sobre a súa última novela "Ninguén contará a verdade" que recibiu...

Avánzase na supresión dos pasos a nivel de Río Seco e Juan Montes en Monforte

Dende a Dirección General de Planificación y Evaluación de la Red Ferroviaria convocouse ós...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra vai collendo corpo, non hai marcha atrás

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra vén de celebrar a primera reunión do...