HomeMedio ambiente e PatrimonioPor seguridade tálase un chopo ao carón do embarcadoiro do Parque dos...

Por seguridade tálase un chopo ao carón do embarcadoiro do Parque dos Condes

Este xoves pola tarde estaba previsto a tala dun chopo no Parque dos Condes. Logo dos pertinentes informes técnicos procedíase á tala por motivos de seguridade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A árbore ubicábase na marxe do Cabe, á altura do embarcadoiro do Parque dos Condes. O chopo estaba inclinado, debido ó empuxe da cepa doutras árbores, e por mor desa inclinación, xa estaba apoiado na caseta de madeira municipal que dá servizo ao pantalán, concretamente ás barcas utilizadas para os paseos polo río Cabe que o Concello ofrece no verán, e ó club de piragüismo da cidade, entre outros.

A fin de garantir a seguridade dos usuarios do Parque, unha empresa especializada neste tipo de traballos procedía á tala, “segundo os informes emitidos polos técnicos o estado da árbore podía supoñer un perigo para os usuarios do Parque dos Condes, e tamén podía danar a estrutura da caseta de servizos sobre a que se está a apoiar”, apuntan desde o concello.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...