HomeMedio ambiente e PatrimonioRestauración da histórica Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, en...

Restauración da histórica Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, en Pantón

A Xunta restaura o retablo maior que data do século XVIII. Calcúlase que os traballos alongaranse ata o mes de xullo de 2024.

Publicado o

- Advertisement -

A histórica Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, no Concello de Pantón, comeza os traballos de restauración do magnífico retablo maior de Santo André, elemento ornamental que data do século XVIII.

A Xunta de Galicia adxudicou á empresa Conservatio a realización dos traballos, que levarán a cabo ata finais de xullo. Este retablo maior configúrase como un conxunto de gran interese, destacando pola súa gran profusión decorativa, referendada pola calidade dalgunhas tallas e algúns dos revestimentos polícromos. A tipoloxía deste retablo correspóndese co tardo barroco, realizado en 1789. Trátase dun retablo de estilo barroco, formado por predela, corpo principal e ático.

Retablo maior de Santo André de Ribeiras de Miño. Foto: Conservatio.

O retablo maior, peza central na riqueza histórica e cultural da comunidade, está a someterse a un meticuloso proceso de restauración para devolvelo a un mellor estado de conservación. Esta laboriosa tarefa está a realizarse co máis alto nivel de coidado para preservar a autenticidade e o esplendor do retablo orixinal e en conservar a policromía e os dourados por parte do equipo de restauradores.

A obra estará aberta ao público para a súa visita podendo ver os traballos que se están a realizar.

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...