HomeMedio ambiente e PatrimonioA Conselleira de Medio Rural pon en valor na Pobra do Brollón...

A Conselleira de Medio Rural pon en valor na Pobra do Brollón as axudas para o fomento do castiñeiro

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor as axudas para o fomento do castiñeiro que esta semana se publicaban no DOG cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros. Fíxoo durante a súa visita á plantación destas árbores no monte veciñal en man común de Parada dos Montes, no municipio da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira salientou que o orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación da anterior convocatoria e que os investimentos enmárcanse no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Destacou ademais que a iniciativa alíñase co Plan Forestal de Galicia e co Programa Estratéxico do castiñeiro.

Neste sentido, María José Gómez explicou ademais que destas subvencións poderán beneficiarse as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos forestais, tanto os propietarios como os arrendatarios ou xestores. Sinalou, a maiores, que con esta iniciativa dáse continuidade ao labor desenvolvido nos últimos anos pola Xunta nesta materia. Referiuse, máis concretamente, á convocatoria de 2023, aprobada por preto de un millón de euros e que vai permitir a plantación de case 20.800 castiñeiros para froito na nosa comunidade.

Actuación na Pobra do Brollón

A conselleira puxo de relevo que as actuacións na Pobra do Brollón abranguen 7,58 hectáreas. Plantáronse 758 exemplares de castiñeiro enxertado coa variedade De Parede, cos seus respectivos protectores de planta e coa achega de recursos hídricos, todo isto cun orzamento de preto de 30.000 euros. A iniciativa, lembrou María José Gómez, ten como finalidade repoñer a riqueza forestal nunha área afectada polos incendios forestais de xullo do 2022.

En relación co castiñeiro, a conselleira indicou que está considerado unha das árbores cunha maior variedade de aplicacións e utilidades nos ámbitos rurais, sendo un recurso de grande relevancia desde o punto de vista da alimentación tanto humana como de animais domésticos ou de fauna silvestre, así como tamén polo seu valor madeireiro.

Do mesmo xeito, a conselleira puxo en valor a positiva incidencia do ecosistema creado nos soutos desde o punto de vista turístico e paisaxístico, así como a súa importancia ambiental, xa que actúa como elemento de defensa contra os incendios forestais, de protección do solo ou como hábitat para a proliferación doutras especies animais e vexetais que poden ser compatibles dentro destes espazos.

Galicia é a principal comunidade autónoma en produción e exportación de castañas de España, absorbendo máis da metade do total nacional. Ese volume de produción anual tradúcese nun impacto económico a nivel autonómico de máis de 20 millóns de euros pagados aos produtores, xerando un valor superior aos 50 millóns de euros en comercialización unha vez transformada.

Castiñeiros A Pobra do Brollón / Consellería do Medio Rural

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...