HomeMedio ambiente e PatrimonioO agradecido labor de "devolverlle o valor que merecen" aos bens patrimoniais

O agradecido labor de “devolverlle o valor que merecen” aos bens patrimoniais

Entrevista a Javier García Lozano Estudillo, coordinador das obras de restauración do retablo de Santo André de Ribeiras de Miño, no Concello de Pantón.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

O colectivo dinamizador Segredos de Pantón contactou con Javier García Lozano Estudillo, restaurador profesional no equipo de traballo de “Conservatio Restauración de Patrimonio“, para falar da restauración en xeral e do seu traballo como coordinador das obras de restauración do retablo de Santo Andrés de Ribeiras de Miño, no Concello de Pantón.

En primeiro lugar, cóntenos como comezou o tema das restauración de forma profesional, coa súa empresa.

Despois de máis de 10 anos colaborando con outras entidades e administracións en distintos puntos do país e en diferentes países como Italia, Chile ou Alxeria, cos coñecementos adquiridos considerei a posibilidade de comezar a buscar obras onde fose necesario poñer en valor e devolver as obras de arte o seu estado orixinal.

Entrando en materia, no que se refire á obra que realizan en Pantón, descríbanos ese retablo, algo especialmente destacable? En que estilo podemos encadralo?

Trátase dun retablo de estilo barroco, realizado en 1789, tallado en madeira e dourado con pan de ouro fino e posteriormente policromado. Destaca a calidade nalgúns motivos decorativos mediante a técnica de esgrafiado, sobre todo nas roupas dalguna das esculturas. Destacan tamén as figuras portantes do retablo que o suxeitan a modo de atlante, un a cada lado. En canto á iconografía que representa, encontramos a San Francisco Xavier, Santo Tomás, a Virxe Inmaculada, San Andrés, San Xosé e a Virxe do Rosario.

“Trátase dun retablo de estilo barroco, realizado en 1789, tallado en madeira e dourado con pan de ouro fino e posteriormente policromado”

Nesta obra de Santo Andrés de Ribeiras de Miño, en que consiste o traballo que están levando a cabo?

Estanse realizando labores de consolidación do estrato pictórico, así como da preparación, moi levantada en casi todo o retablo, alén da reintegración volumétrica e cromática nas zonas que xa se perderon. Tamén se están levando a cabo traballos de limpeza das capas de verniz que se tiña oxidado co paso do tempo, así como dos restos de ferruxe das candeas. Como última fase, realizarase a aplicación dunha capa de protección en todo o retablo.

Retablo da Igrexa de Santo Andrés de Ribeiras de Miño. Foto: SdP.

Polo que nos comentou, este retablo ten moito pan de ouro, como se podería explicar?

Polo xeral no século XVII, e dentro do estilo barroco, téndese a dorar os retablos e a desenvolver unha gran profusión decorativa baseada habitualmente en motivos vexetais. Neste retablo vese claramente esta gran cantidade de motivos decorativos con pan de ouro fino que procedía seguramente de Florencia.

En Pantón, como valoran a involucración dos veciños nesta obra, sendo os maiores usuarios deste ben? Noutras restauracións que teñen feito, como responde a veciñanza?

Xeralmente, involúcranse en gran maneira na conservación dos seus bens. Son coñecedores do patrimonio tan importante que posúen e intentan coidalo o máximo posible. Noutras obras igualmente fan todo o que está na súa man para poñer en valor e aprender todo o necesario para a conservación e mantemento posterior. Sempre nos agradecen o labor que realizamos de devolverlle ós seus bens o valor que merecen.

Teñen os retablos das igrexas rurais características comúns?  Recorda algún que lle sorprendera por algo en concreto? É alguna zona rural máis prolífica en retablos?

Os retablos das igrexas rurais adoitan ser de factura popular, de medianas ou pequenas dimensións. Neste caso de Ribeiras de Miño, sorprendeunos gratamente pola gran calidade das tallas así como das policromías que están aparecendo por baixo das capas de verniz oxidado. Destacamos a zona da Ribeira Sacra, onde sempre houbo gran cantidade de retablos, ligados a esa proliferación de mosteiros e templos relixiosos.  

“Neste caso de Ribeiras de Miño, sorprendeunos gratamente pola gran calidade das tallas así como das policromías que están aparecendo por baixo das capas de verniz oxidado”

Do sur de Lugo ou do noso municipio, hai algún ben arquitectónico que lle chame a atención ou algún no que lle gustaría intervir?

Calquera elemento patrimonial da zona de Lugo é una marabilla, cada una das igrexas que compoñen a Ribeira Sacra é un tesouro por descubrir. Así como en Monforte de Lemos ou Mondoñedo.  

Campanario de Santo Andrés de Ribeiras de Miño. Foto: SdP.

ÚLTIMAS

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....

5 piragüistas do Quixós convocados para o Europeo de Suiza

Este xoves, 20 de xullo, a Real Federación Española de Piragüismo deu a coñecer...

As Festas de San Xoán de Sarria máis inclusivas

Falamos con María Eugenia Valcárcel López, concelleira de Festas no Concello de Sarria, para...

Vasoira de Platino para Monforte pola implantación do Plan de xestión da materia orgánica

A cidade de Monforte de Lemos recibiu un galardón que se lle concede ás...