HomeMedio ambiente e PatrimonioClausúrase no Museo Xeolóxico de Quiroga un Congreso Nacional de Paleontoloxía

Clausúrase no Museo Xeolóxico de Quiroga un Congreso Nacional de Paleontoloxía

A Deputada de Muller e Igualdade da Deputación, Marisol Morandeira, recibiu este sábado, en compañía do Alcalde de Quiroga, da Alcaldesa de Folgoso do Courel, e do Tenente de Alcalde e Presidente do Xeoparque Montañas do Courel, aos participantes no 39º Congreso Nacional de Paleontoloxía que reuniu estes días na Coruña a medio millar de participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro, organizado pola Sociedade Española de Paleontoloxía, remataba o sábado 5 cunha visita a un xacemento de fósiles situado no Concello de Ribas de Sil.

“Albergar un encontro destas características posiciona a nosa provincia como un foco de interese científico na paleontoloxía”, valorou a Deputada, quen destacou o impacto que pode ter no desenvolvemento económico do territorio e na divulgación científica entre a poboación local. Lembrou ademais que a Deputación de Lugo colabora coa promoción deste territorio, achegando ao Xeoparque Montañas do Courel 25.000€ de maneira anual.

Destacou que a institución provincial ten un compromiso co desenvolvemento sostible do noso rural, porque segundo explicou “sabemos que para que o rural teña futuro ten que contar con servizos públicos e cun sector produtivo forte e capaz de xerar emprego e riqueza”. Nese sentido agradeceu aos organizadores ter escollido este territorio como parte do seu programa, “a vosa presencia aquí é unha oportunidade marabillosa para intercambiar coñecementos e ideas, e para seguir avanzando na divulgación e protección do noso patrimonio paleontolóxico”.

Na clausura participaron xunto á Deputada, o Presidente do Xeoparque Montañas do Courel e Tenente Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro; o Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; e a Alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, entre outras autoridades.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...